Continúa o ciclo Contando Ciencia

Continúa o ciclo de conferencias Contando Ciencia organizado pola biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene en colaboración coa concellaría de Ensino. A cita será o próximo xoves 20 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 19:30 h. Nesta ocasión o protagonista será o investigador do SERGAS Manuel Collado Rodríguez que abordará o tema  "A Procura da fonte da xuventude".

Manuel Collado Rodríguez é investigador do SERGAS no Hospital Clínico de Santiago onde dirixe o grupo de “Senescencia celular, cancro e avellentamento”. É doutor pola UAM, realizou estadías posdoutorais no Ludwig Institute for Cancer Reseach de Londres, na NYU Medical School e no Memorial Sloan Kettering Center de New York.

Manuel Collado tamén e autor de numerosos artigos de investigación en revistas científicas de alto impacto. O seu labor científico desenvolveuse fundamentalmente na área do cancro e en particular en mecanismos de supresión tumoral, fundamentalmente no proceso de senescencia tumoral. Recentemente o seu traballo trata de entender a implicación de células nai adultas en cancro e avellentamento.

A CHARLA FOI ADIADA PARA O XOVES 27 DE OUTUBRO