Visita ao IES de Fene de Cristina Otero Correa do proxecto Vura Music Project

 

O pasado venres 12 de Maio os alumnos de 3º ESO do IES acudiron á charla de Cristina Otero Correa, clarinetista e colaboradora voluntaria no proxecto Vura Music Project, un proxecto de desarrollo e integración social a través da educación musical. 

Cristina falounos do proxecto, crear e manter unha escola de música en Moyo ( Uganda) para os mais novos, e falounos de África… e trasladounos alí durante un anaquiño de tempo, entre  as súas xentes, os seus costumes e as súas necesidades. E vimos fotografías, preguntamos, reflexionamos e compartimos ideas. Grazas Cristina por axudarnos, como tí dis, a ir mais alá do que ven os nosos ollos.