Homenaxe a Carmela Loureiro
Enviado por admin o Xov, 09/10/2014 - 16:38
O 9 de outubro de 2014 celebrouse no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol un recitado de poesía en homenaxe a Carmela Loureiro, quen fora, durante moitos anos, a presidenta das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
Foi un acto moi emotivo que combinou poesía, música, danza e teatro. Participaron diversos centros de ensino da bisbarra e, entre eles, o IES de Fene, perfectamente representado por alumnado de 2º de Bacharelato e coordenado pola profesora Mª do Pilar Sanmartín (Lula).
Carmeliña, sempre nos nosos corazóns.
»