IV Concurso de Microrrelatos Concello de Fene
O venres, 30 de maio, a partir das 20:00 horas terá lugar a entrega de premios do IV Concurso de Microrrelatos Concello de Fene, no que foron premiados Noelia Freire Fernández de 4º da ESO e Xiao Calvo Sanjurjo de 1º da ESO, estudantes no IES de Fene. No decurso do acto distribuirase un libro coas publicacións dos mesmos (descargar aquí) e inagurarase a exposición de traballos seleccionados por cada centro para o certame En galego? É o noso!
No mesmo acto procederase tamén á entrega dos premios colectivos aos centros de ensino participantes no Certame de Creación Artística.
O IES de Fene quere manifestar os parabéns a tódolos/as que particparon na actividade e nomeadamente aos/as premidaos e premiadas