Concurso de cartas de amor

O Equipo de dinamización lingüística do IES de Fene organiza un concurso de cartas de amor entre os membros da comunidade escolar do centro, que se rexerá polas seguintes BASES:

-Cada participante pode escribir cantas cartas desexe.
   
-Para poder ser admitido/a no concurso, os escritos deberán estar escritos en Lingua Galega e ser respectuosos cos demais.
   
-Non hai límite na extensión da carta, aínda que se aconsella que non pase dun folio.

-A carta pode ser anónima ou ir asinada polo autor ou autora.
   
-Cada un dos escritos terá que ir dentro dun sobre no que conste a quen vai dirixido.

-Os escritos deberán introducirse nos buzóns (até o mércores día 8) que se colocarán  para este concurso na biblioteca e nas conserxerías do IES.
   
-Os premios, no caso das cartas asinadas, serán entregados aos seus autores, mentres que os das cartas anónimas recaerán nas respectivas namoradas ou namorados.
   
-O xurado será designado polo equipo de dinamización lingüística e o seu fallo será inapelable