CALENDARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2011/12

Do 1 ao 15 de febreiro:
Reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP “O Ramo” e CEIP “Os Casais”)

Antes do 1 de marzo:
Publicación de vacantes

Dende o 1 de marzo ao 31 de marzo:
Abrese un prazo de admisión de novo alumnado. A solicitude pódese recoller na Secretaría ou na Conserxería do centro ou descargar o Anexo II da Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo de 2007).

IMPORTANTE: Presentarase unha única solicitude

Do 1 ao 20 de abril:
Só no caso de que a demanda de prazas supere a oferta do Centro: presentación da documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación dos criterios de admisión

Antes do 30 de abril:
Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos. Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro.

Antes do 15 de maio:
Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos


Do 25 de xuño ao 10 de xullo: Formalización da matrícula
Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de matrícula


Nota.- O alumnado que solicite e obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, non terá dereito aos servizos complementarios (transporte ) establecidos con carácter gratuíto  pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

Descarga da solicitude de admisión (anexo II da orde do 17 de Marzo de 2007)

Descarga doutro documento para a solicitude de admisión

Orde do 17 de marzo de 2007 polo que se regula  o procedemento de admisión