Solicitude de admisión e matrícula para o curso 2010-2011

Oferta de postos escolares:

1º ESO
39 prazas
2º ESO 41 prazas
3º ESO 33 prazas
4º ESO 22 prazas
 1º Bacharelato 74 prazas
2º Bacharelato 32 prazas


CALENDARIO DE ADMISIÓN 2010/11

Solicitude de praza de novo alumnado: do 1 de marzo ao 6 de abril
. (Só se poderá presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma suporá a ineficacia das solicitudes presentadas).

Presentación de documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación dos criterios de admisión (no caso de que a demanda de prazas supere a oferta): do 1 ao 20 de abril.

Antes do 30 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. (Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das listaxes).

Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos.


CALENDARIO DE MATRÍCULA:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo: Formalización da matrícula.
Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de matrícula.

CENTROS ADSCRITOS:

1.    Colexio O Ramo.
2.    Colexio Os Casais.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:

1.    Servizo de transporte escolar.

 

Descarga da solicitude de admisión

Descarga doutro documento para a solicitude de admisión

Orde do 17 de marzo de 2007 polo que se regula  o procedemento de admisión