Bases do 4º Concurso de Cartas de Amor “IES de Fene”

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Os Equipos da Biblioteca e de Normalización Lingüística do IES de Fene organizan un concurso de cartas de amor entre os membros da Comunidade Escolar do Centro, que se rexirá polas seguintes BASES:

-Cada participante pode escribir cantas cartas desexe.

-Para poder ser admitido/a no concurso, os escritos deberán estar escritos en Lingua Galega e ser respectuosos cos demais. En caso contrario será anulada a súa participación.

-Non hai límite na extensión da carta, aínda que se aconsella que non pase dun folio.

-A  carta pode ser anónima ou ir asinada polo autor ou autora.

-Cada un dos escritos terá que ir dentro dun sobre no que conste a quen vai dirixido.

-Os escritos deberán introducirse nos buzóns que se colocarán  para este concurso antes do día 12 de febreiro.

-O premio, ou premios, recaerán nas respectivas namoradas ou namorados dos autores premiados/as.

-O xurado será designado polos organizadores deste concurso e o seu fallo será inapelable.

-A participación no concurso supón a aceptación destas bases.