Skip to Content

Secretaría

Listaxes de admisión de alumnos de ESO e Bacharelato para o curso 2014-2015

Adxunto, arquivo pdf coas listaxes de admisión de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato para o curso académico 2014-2015

Axudas para a realización de formación en linguas extranxeiras no ano 2014

No Diario Oficial de Galicia do 27 de marzo convócanse estas axudas, e hai un mes de prazo para solicitalas.

Pode consultalo clicando aquí

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015 (ESO ou Bacharelato)

 INSTRUCCIÓNS PARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/15 EN ESO OU BACHARELATO

  • Solicitude de admisión, Anexo II , cumprimentado e asinado (non cubrir o apartado da renda). No caso de non haber prazas para todos os solicitantes, o centro avisará ás familias para que entreguen a documentación necesaria no prazo do 24/03/2014 ao 03/04/2014.
  • Certificado no que conste o nome e curso no que está matriculado/a no curso actual 2013/14.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a
  • Fotocopia do DNI da persoa que asine a solicitude de admisión. (pai, nai ou titor/a).

Toda a documentación deberá ser entregada na secretaría do centro en horario de atención ao público (09:00 a 14:00 h.) no prazo do 1 ao 20 de marzo.

Como arquivos adxuntos achéganse : listaxe de vacantes e Nota informativa da Delegación Territorial sobre o Proceso de Admisión de alumnos para o curso 2014-2015

Convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o próximo curso 2013-14

No BOE do 19 de agosto publicouse a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o próximo curso 2013-14 para alumnado de estudos non universitarios.

Toda a información desta convocatoria pódese atopar na páxina do Ministerio de Educación : www.educacion.es

O prazo de presentación será até o día 30 de setembro.  Non se admitirá ningunha solicitude posterior a esa data agás nos casos especificados no artigo 46.2

Resolución do Contrato da Cafetería 2013-2014

Adxunto, arquivo coa resolución de adxudicación do contrato da cafetería do Centro para o curso escolar 2013-2014.

Distribuir contido


by Dr. Radut