Skip to Content

Secretaría

Axudas para a adquisición do material escolar para o curso 2015/16

 

No DOG do 1 de setembro de 2015 publicouse a Orde que regula estas axudas.

- Están dirixidas ao alumnado que cursa educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos.

- Prazo: do 02/09/2015 ao 01/10/2015.

- Renda per cápita: A renda per cápita da unidade familiar debe ser igual ou inferior a 5.400 €. A estes efectos tense en conta a renda correspondente ó exercicio fiscal do 2013 (casiñas 366+374 divididas entre o nº de membros que integran a unidade familiar).

- O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia terá dereito á axuda, con independencia da situación familiar e do nivel de renda.

- Contía da axuda: 50 € por alumno/a.

- Determinación da unidade familiar: A data de referencia para determinar a composición da unidade familiar é o 31/12/2013.

- Impreso de solicitude: Pode descargarse aquí ou recollelo na conserxería e presentalo na secretaría do centro.

- Documentación que debe acompañar a solicitude:

  • Copia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar a 31/12/2015. No caso de non telo pode presentarse outra documentación como certificado ou volante de convivencia, informe dos servicios sociais ou sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a causante.
  • Se non autorizan a consulta telemática dos datos de identidade: Copia do DNI/NIE de todos os membros da unidade familiar.
  • Se non autorizan a consulta telemática dos datos fiscais: Declaración da Renda das Persoas Físicas do 2013 ou certificado tributario de imputacións.
  • Se algún dos membros da unidade familiar ten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% deberá presentar a documentación acreditativa.
  • O alumnado en tutela ou garda legal da Xunta de Galicia deberá presentar a resolución acreditativa do acollemento ou certificado do centro de menores.

Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar

No DOG de 1 de setembro de 2015 publicouse a Orde que regula estas axudas.Tamén está resumido no Portal de Educación da Xunta.

Están dirixidas ao alumnado que cursa educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos.

Mais información picando aquí

Aberto o prazo para a contratación do servizo de cafetería para o curso 2015-2016

 

Con data de hoxe, 17 de xuño de 2015, queda exposto no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Escolas Proval o Prego de Cláusulas polas que se ha de rexer a explotación da cafetería deste centro no vindeiro curso 2015-2016. Queda asemesmo depositado na Secretaría deste centro, e a dispor dos licitantes, a Instrucción 4/2015, do 1 de xuño de 2015, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetaría en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería que contén as normas para a adxudicación do contrato.

O prazo para a recepción das ofertas de licitación quedará aberto durante un periodo de quince días hábiles, resolvéndose o concurso antes do 31 de xullo.

Daniel Mulet Pérez, director do IES Escolas Proval

Pódense consultar o Prego de Cláusulas e a Folla de especificacións técnicas nos arquivos adxuntos.

 

Corrección de erros no listado de libros de texto

Advertido un erro no ISBN do libro de texto de Ciencias Naturais de 1º de ESO, procédese a consignar o número correcto:

ISBN: 978-84-6780046-3

Aberto o prazo para a contratación do servizo de cafetería para o curso 2014-2015

 

Con data de hoxe, 19 de Xuño, queda exposto no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Escolas Proval o Prego de Cláusulas polas que se ha de rexer a explotación da cafetería deste centro no vindeiro curso 2014-2015. Queda asemesmo depositado na Secretaría deste centro, e a dispor dos licitantes, o documento que contén as “Condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes dependentes da Consellería”.

O prazo para a recepción das ofertas de licitación quedará aberto dende esta data ata o vindeiro 19 de xullo do 2014, resolvéndose o concurso antes do 31 de xullo.

Pódese consultar o Prego de Cláusulas no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut