Skip to Content

Secretaría

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

Segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.

O prazo remata o 22 de novembro.

Mais información no adxunto.

AXUDAS PARA A ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

O prazo de presentación de solicitudes para axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado que cursa 1º e 3º de ESO, e que formalizou a matrícula en setembro, será do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015.

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O alumnado con discapacidade, trastorno de conducta, TDAH ou altas capacidades pode solicitar unha bolsa para recibir apoio pedagóxico ou logopédico fora do centro.

A solicitude pódese entregar na secretaría do centro ata o día 30 de setembro de 2015.

O impreso xérase na sede electrónica do Ministerio de Educación e hai que realizar un rexistro previo.

Unha vez feito o rexistro, co nome de usuario e o contrasinal obtido, pódese iniciar o trámite da solicitude.

Preme no enlace que segue para iniciar o procedemento:

https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=680

Distribuir contido


by Dr. Radut