Skip to Content

Complementarias

A represión franquista no Val Miñor

  O pasado luns 13 de maio acompañáronnos, nun triste pero necesario repaso pola Historia do Franquismo e da Transición, Telmo Comesaña, Celso López e Manolo Pipas.

Asistiu o alumnado de ESO e Bacharelato así como o alumnado de ESA. Todos os grupos valoraron moi positivamente este tipo de charlas.

Esperamos poder seguir abrindo a escola á vida

Selecciona a foto inferior para ver o álbum da actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> RepresiónValMiñor

Represión franquista no Val Miñor

 O luns 13 de maio o Departamento de Xeografía e Historia organiza no centro unha charla sobre a Represión franquista no Val Miñor. Será impartida por Telmo Comesaña da Asociación Viguesa pola Memoria do 36

 

Computación evolutiva

 O venres 29 de abril tivemos a ocasión de coñecer a Intelixencia Artificial no taller temático Computación evolutiva: un modelo de IA para a resolución de problemas. Foi impartido por Alberto J Bugarín Diz, Catedrático da Universidade de Santiago, dentro do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC. Participou o alumnado de TIC de Bacharelato.

 Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum da actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> IntelixenciaArtificial

Complementando a nutrición

 Durante o mes de abril, nas clases de bioloxía de 3º ESO, estamos estudando a nutrición. E complementamos o tema cunha actividade moi motivadora para o alumnado: a elaboración de empanadillas, guiados polo responsable da cafetería do centro e cociñeiro da mesma. Posteriormente cada alumno calculou o valor nutritivo dese plato de comida

 Plantexámonos como obxectivo desta actividade a reflexión do alumnado sobre a finalidade da súa alimentación e a concienciación sobre a importancia da elaboración dos nos propios alimentos por seren máis sans, sempre que conteñan ingredientes de calidade

  Seleccionando a foto inferior podemos ver ao alumnado de 3º ESO B coa profesora da materia, Pura González, e o responsable da cafetería do centro, Javier Rodríguez

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Nutricion

Competición de Robots

Alumnado de 1º de Mantemento Electrónico e da materia de Robótica de Bacharelato participaron o venres 26 de abril na IV Competicións de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> ConcursoRoboticaEEI
Distribuir contido


by Dr. Radut