Skip to Content

Complementarias

Saída final de curso de 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO, acompañado polos profesores Pura de Ciencias, Chechu de Electrónica e Pilar de Galego, realizou unha saída de fin de curso ao cámping de Maceira, no concello de Covelo.

 O mércores 19 saímos do centro dirección Tui (visita ao casco vello e catedral), castro de Trona, castelo de Sobroso e ceraría de Paraños, con chegada a Maceira.

 O xoves 20 percorremos a berita do río Tea, visitando os museo-serradoiro Os Carranos

 O venres 21 chegamos novamente a Tui, facendo a baixada en canoas polo río Miño

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> AGardaTui1ESO

Unha viaxe a Madrid....coa Historia da Arte

  Nestes últimos cursos o alumnado de Historia da Arte completou a súa formación coa visita a museos e monumentos de Madrid. Neste vídeo recóllese unha escolma comparativa das fotografías desta actividade.

Graduacións curso 2018 19

Dende este enlace poderanse visualizar as fotos dos diferentes actos de Graduación celebrados nesta fin de curso.

Graduación 4º ESO
Graduación 2º Bacharelato

E aquí poden consultarse as palabras que a Dirección do centro lle adicou aos nosos titulados.

Álbum de fin de curso da ESA

O curso rematou na ESA.

Premendo na foto inferior pódese visualizar as fotos de grupo de 2º e 4º de ESA

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> FinCursoESA

Excursión 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO está na súa excursión de fin de curso. Coñecerán Madrid, acompañados polos profesores Ánxela Caldas e Adrián Lema. Dende alí farán visitas a Toledo ou a Segovia

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Excursion_4_ESO
Distribuir contido


by Dr. Radut