Skip to Content

Erasmus

Convocatoria de bolsas Erasmus+ para Ciclos Medios de FP (novembro, 2021)

Convocadas as bolsas de mobilidades para a realización da FCT en empresas europeas. Prazo de solicitude ata o 17 de decembro.

Erasmus+ en DiverLanhoso

A nosa alumna Rosa Iglesias, do ciclo medio de Xestión administrativa en oferta modular, está realizando o módulo de FCT cunha bolsa de mobilidade Erasmus+ en DiverLanhoso, un parque de aventuras (senderismo, escalada, tirolina, rafting, paintball...), preto do Parque Nacional Peneda Gerês. Aprendizaxe e diversión inesquecible alén Miño!

Charlas informativas sobre Erasmus+

Durante o mes de outubro organizamos charlas informativas sobre mobilidades Erasmus + dirixidas ao alumnado de ciclos medios e ciclos superiores de FP

Estadía en prácticas de alumnado italiano

O venres 28 de abril acollemos a 5 alumnos e 3 profes italianos que se estiveron coñecendo o noso traballo nas aulas. Foi a primeira sesión de súa estancia na zona, que durará dúas semanas e durante as que este alumnado, co acompañamento dos seus profesores, estará realizando prácticas laborais.

 

  Concretamente, tres alumnos de electrónica  desenvoverán as súa prácticas en Star Electrónica mentres que dúas alumnas de administración estarán no Concello de Nigrán.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut