Skip to Content

Erasmus

Sesión Informativa Erasmus + Ciclos Superiores (2016/2017)

Durante o curso 2016-2017, o IES Escolas ofrecerá 5 bolsas de formación de prácticas en empresas estranxeiras, financiadas con fondos europeos do programa Erasmus+, destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao superior.

Presentación realizada o 13/10/2016 aos alumnos dos ciclos formativos de grao superior de Electrónica e de Administrativo

 

Xornada de portas abertas: Expoelectrónica 2016

 

 

  O mércores 1 de xuño desenvolveuse unha nova xornada de portas abertas cos traballos e proxectos que realizamos nos Ciclos Formativos de Electrónica.

   Asi recolleu a prensa esta nova edición de Expoelectrónica:

Tamén está dispoñible a galería de fotos deste evento.

Alumnos de Ciclos de FP de Proval complementan a súa formación en Europa

 

 

Once alumnos dos ciclos de FP de Electrónica e Administrativo realizarán o módulo de FCT en Bélxica, Alemania, Reino Unido, Italia e Portugal, no marco do programa europeo Erasmus+.

  Trátase da 3º curso consecutivo no que alumnado do noso IES viaxa a diversos países europeos nos que, ademáis de realizar prácticas en empresas, teñen a oportunidade de coñecer o seu idioma, cultura e contorno laboral.

  Pode consultarse unha reseña de prensa no seguinte enlace. 

 

 

Alumnos de Escolas Proval saen a traballar a distintos países europeos

Dez alumnos e alumnas de Ciclos Formativos de Electrónica e Administrativo foron admitidos nos Programas Erasmus + e Leonardo Da Vinci,  para realizaren traballos en prácticas en empresas europeas. En concreto os países destinatarios son Reino Unido, Italia, Polonia, República Checa e Suiza.

 

fotos alumnos Erasmus e Leonardo

 

 

Noraboa a todos por estas oportunidades laborais que, ademais de ampliar a súa formación, lles supón unha experiencia enrequecedora no coñecemento de outros países e outras culturas. 

A todos boa sorte.

Mais información en prensa: Noticia en Faro de Vigo

 

 

Sesión informativa Erasmus + para Ciclos Superiores

Durante o curso 2014-2015, o IES Escolas ofrecerá bolsas de formación de prácticas en empresas estranxeiras, financiadas con fondos europeos do programa Erasmus+, destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao superior.

Presentación realizada o 16/10/2014 aos alumnos dos ciclos formativos de grao superior de Electrónica e de Administrativo:

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut