IES EDUARDO PONDAL

Listado de libros 23-24

INSTRUCIÓNS

Está marcado cunha cruz se o alumnado ten que comprar xa o libro ou esperar á confirmación do profesor ó inicio do curso.

Libros 23-24

Orgullosos dos nosos alumnos

Carla

Estes días pasou polo centro recoller un máis que merecido premio á excelencia a ex-alumna Carla Varela. Conseguiu a mellor nota de admisión no grao en Galego e Portugués na UDC no curso 2021-22.

Noraboa

Oferta educativa. Curso 23 / 24

Deixámosvos a oferta educativa do vindeiro curso lectivo 2023 / 2024.

Enlace a ficheiro pdf

 

A nosa participación no proxecto CANSAT.

O CANSAT é un proxecto promovido pola Axencia Espacial Europea (ESA) e ESERO, a súa oficina para a educación. En edicións anteriores participamos baixo no nome Pontesat.

No curso que rematou, presentamos o noso proxecto cunha nova perspectiva desde a materia de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato. Desta volta o noso proxecto TECNOSAT acadou un Accésit como misión científica do que estamos moi satisfeitos.

En breve, mais información en http://dixitalizacion.org.es

 

O oso coidador: FrankSTEAM

Con este osiño, as alumnas de 3º da ESO de Educación Dixital participamos no concurso RedeSTEAM para o fomento do talento feminino no ámbito STEAM. O noso oso coidador facilita a comunicación de nenos e nenas pequenos ou de persoas con dificultades cos seus coidadores ou coidadoras. En breve mais información en:  http://dixitalizacion.org.es

Distribuir contido