IES EDUARDO PONDAL

Novembro 2023

Actividades  Actividades

O Alumnado do CS de Automoción visita Alemaña

Este luns 27 partiu cara a Alemaña unha expedición formada por 26 alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Automocíon acompañados por catro docentes. Máis

Imaxe do día dende Alemaña 

 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller25N

O pasado venres o IES Eduardo Pondal celebrou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa elaboración dun mural colaborativo que se foi conformando coas mans dos alumnos e alumnas dos primeiros cursos da ESO e a FPB. Máis información

 

 

 

LOVA

Lóva

O 22 de novembro algúns dos nosos alumnos de 2º ESO B representáronnos nun coloquio, que se celebrou, vía streaming, desde o Teatro Real de Madrid, co motivo dos 15 anos que se cumpriron do proxecto innovador na educación Lóva (La ópera como vehículo de aprendizaje), que se está a levar a cabo no noso centro por primeira vez.

 

Link de todo o coloquio: Enlace

O alumnado  da radio logra un novo premio

 

O pasado venres, 17 de novembro, o alumnado do equipo de radio Ponte na onda, participamos na gala de recollida de premios do VI Certame Imaxes do Patrimonio, organizado pola asociación Ponte... nas Ondas! en Ourense. Alí representamos orgullosos ao noso instituto, nun acto no que estiveron presentes centros de toda Galicia e do norte de Portugal.
Agradecemos a Carmela Velasco Cures a súa participación e dámoslle os parabéns polo premio acadado!!

Día da Ciencia

Día Ciencia

O mércores 15 de novembro gozamos dun día da Ciencia cheo de sorpresas grazas aos alumnos do Club de Ciencias

Máis imaxes e algún vídeo

 

Avisos

Actividades

 

Charla para as familias sobre Uso Seguro e Responsable das Redes Sociais na Adolescencia.

 O próximo luns 20/11/2023 vaise celebrar unha charla informativa para as familias sobre USO RESPONSABLE E SEGURO DAS REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA, a cargo de Sergio García, formador da Garda Civil no Plan Director para a Convivencia nos Centros Educativos e a súa Contorna.
O obxectivo da charla-coloquio é orientar ás familias e aclarar dúbidas en relación a este tema. É unha charla complementaria ás que se impartirán ao alumnado da ESO e FPB durante o mes de novembro.

Agradecemos si nos comunicades a vosa participación no correo orientación.ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.gal, porque suspenderíase a actividade si non temos un mínimo de participación confirmada.
Vémonos!!

 E SEGUIMOS NO FIOT...



Como xa infomamos, o noso alumnado participou no Certame de Teatro Lido do Fiot e tras gravar as súas creacións nos estudios de Radio Nordés en Carballo, agora poderemos escoitar en directo o ben que o fixeron!!!!
Hoxe luns día 13 de novembro, durante o programa Vivindo a Costa da Morte, en Radio Nordés emitirán o conto "Coa mesma roupa" do grupo Os Medorentos de 3º ESO, e o xoves 16 de novembro, no mesmo programa, poderemos escoitar o conto "Unha noite de Samaín na Eira das Meigas", do grupo As ánimas de Ponteceso de 2º ESO.

Podes escoitar os contos premendo nos seguintes enlaces:


Parabéns a todos polo bo traballo realizado!!!

 

 O vindeiro mércores 8 de novembro as

16:00 horas, terá lugar no auditorio de

Cabana de Bergantiños unha

formación presencial para profesionais

e familias impartida por María Couso.

 

 

Samagosto

Samagosto

O martes 31 de outubro oIES Eduardo Pondal de Ponteceso celebrou o Samagosto, no que as braxas e as castañas típicas da estación acompañaron a demos, bruxas e demais personaxes aterradores congregados no noso instituto para o Samaín. Foi unha xornada chea de actividades coma os concursos de decoración de portas ou cabazas, o cine de terror ou o tradicional torneo de habilidades, na que toda a comunidade participou para dar a benvida ao inverno, que xa deixou claro que “is coming” e un tanto cabreado…

  

  

Neste enlace podedes ver as fotos do Samagosto → https://photos.app.goo.gl/YR74vhGYRSYXt6Uo6

Outubro 2023

 

Actividades Actividades

BORJA MOURÍN, GAÑADOR DO GALICIA SKILLS

Presentábase na categoría de Reparación de Carrozaría e, tras dous días de dura competición, conseguiu impoñerse ao resto de participantes.

Seguir lendo

 

Na prensamáis, e máis

Cabo Ortegal, unha viaxe polo tempo e o espazo

Contra vento e choiva volvimos coa imaxe dunha das paisaxes máis fermosas do planeta nas nosas retinas.

Ler máis

Visita a Galicia Skills

 

O pasado xoves 26 de Outubro realizamos dende o centro unha visita ao Recinto ferial de Silleda para ver a competición das distintas especialidades de Formación Profesional, en especial o relacionado con Automoción, e apoiar e animar o noso compañeiro Borja Martinez Vazquez que meritoriamente proclamouse campeón.
 A visita acudimos profesores de Automoción con alumnado de FP Básica, grado medio e grado superior. Pasamos un gran día de convivencia e foi unha bonita experiencia tanto para profesorado como alumnos. A volta paramos nun centro comercial de Santiago donde comemos e pasamos un rato agradable.

Con motivo da celebración do XXII CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO desenvolvido dentro do Fiot, queremos felicitar ao noso alumnado de Oratoria e máis de Radio polo seu pase á segunda fase do concurso, o que supuxo a gravación dos seus contos nas instalacións de Cadena Ser-Radio Nordés en Carballo. Alí estiveron o pasado 27 de outubro.

Proximamente o xurado decidirá se pasan á final que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo, o día 12 de novembro ás 18:00 h. Boa sorte rapaces!!!

 

 

O IES Eduardo Pondal vai as olimpiadas

O alumno de Laxe Borja Martínez Vázquez será o encargado de representar o IES Eduardo Pondal de Ponteceso na área de carrocería do Galicia skills (Olimpíadas de formación profesional), que se desenvolverá no recinto ferial de Silleda entre o 25 e o 27 deste mes.

Enlace á noticia no Diario de Bergantiños e na Voz de Galicia

 

Benestar Emocional da Comunidade Educativa e a Conviviencia positiva

O pasado mércores 18 de outubro, a nosa orientadora, coordinadora de benestar emocional no centro educativo, e a nosa Mestra de Pedagoxía Educativa e responsable de Formación do Profesorado e do grupo de traballo en Convivencia, tiveron a oportunidade de participar no Congreso de Coordinadores de Benestar Emocional e Convivencia celebrado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela

Seguir lendo

 

Teatro en Santiago con Talia

Este martes, 17 de outubro, o alumnado de 4º ESO e da materia opativa de Oratoria de 3º ESO asistiu no Salón Teatro en Santiago á representación teatral da compañía Talía: A parábola do angazo, peza dramática que dende un punto de vista humorístico convídanos a reflexionar sobre a diversidade lingüística e importancia de coidar a nosa lingua, o galego.

Avisos

Actividades

ORDENADORES EDIXGAL

INFORMACIÓN SEGURO


O alumnado de ESO ten á súa disposición os ordenadores EDIXGAL. Existe a posibilidade de contratar un seguro para o equipo informático que se lle cedeu ao seu fillo/a.


Esta cobertura é totalmente allea ao centro educativo e ten que ser xestionada de forma telemática a través da aplicación Cobertura SIR (Servizo Integral de Reparación).


Para facelo deben acceder á páxina https://coberturasir.plexus.es/ onde atoparán todas as instrucións necesarias para a contratación.


As familias teñen ademais á súa disposición o Servizo Premium de Atención EDIXGAL, onde resolverán as súas dúbidas chamando ao teléfono 881 86 99 00.

 

Reunión coas familias

O pasado luns 9 de outubro,  achegáronse uns 140 pais e nais ao salón de actos do IES Eduardo Pondal á reunión de  que se realiza todos os anos a principio de curso.
Foron acollidos polo equipo directivo e a orientadora, Mariana Varela, e tras unha breve presentación as familias dirixíronse ás aulas cos titores dos seus fillos e fillas.


 

 
Reunión coas familias
O próximo luns 09/10/2023 vaise celebrar unha reunión coas familias do alumnado do centro (agás 1º de ESO) no salón de actos do instituto, onde serán recibidas polo equipo directivo e a orientadora do centro.
 
Acto seguido, serán acompañadas polo profesor titor do seu fillo á aula.
 
Prégase ás persoas interesadas en asistir que avisen ao docente titor do seu fillo ou filla, ben mediante ABALAR ou ben a través do rapaz ou rapaza
 
DATA DA REUNIÓN: LUNS 9 de OUTUBRO DE 2023
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso).
HORARIO: 18:15 -  Duración estimada ata as 19:30 (non pasa nada se chegades algo tarde). 
 
Vémonos!!

 Celebrando o Erasmus day

 Inauguramos o espazo ERASMUS+ na biblioteca, coa idea de que o noso alumnado poda atopar recursos de interese para as súas viaxes e experiencias, e tamén realizamos sesións de intercambio de experiencias.

   Erasmus Days na prensa

Máis información

 

 

 Jose Ángel Mañás no Instituto

O escritor José Ángel Mañás deu unha conferencia sobre a súa traxectoria literaria e vital, repasando os seus inicios como novelista nos anos 80 (Historias del Kronen) ata chegar a publicación actual de novelas históricas (Berenguela). Aproveitou para reflexionar sobre a creación literaria e o que isto implica.

 

Talleres micófilos

micófilos

Na temporada de setas nada mellor que un taller para aprender algo máis sobre o marabilloso mundo dos fungos e a súa Wood Wide Web. Este curso participaron no taller os alumnos de 1º e 3º da ESO. O próximo curso máis.

Máis información

 

Reunión coas familias

O próximo luns 09/10/2023 vaise celebrar unha reunión coas familias do alumnado do centro (agás 1º de ESO) no salón de actos do instituto, onde serán recibidas polo equipo directivo e a orientadora do centro.
 
Acto seguido, serán acompañadas polo profesor titor do seu fillo á aula.
 
Prégase ás persoas interesadas en asistir que avisen ao docente titor do seu fillo ou filla, ben mediante ABALAR ou ben a través do rapaz ou rapaza
 
DATA DA REUNIÓN: LUNS 9 de OUTUBRO DE 2023
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso).
HORARIO: 18:15 -  Duración estimada ata as 19:30 (non pasa nada se chegades algo tarde). 
 
Vémonos!!
 
 
 

 

Acollida ás familias de 1º ESO

O luns 27 de setembro tivo lugar a reunión coas familias do alumnado de 1º ESO.

familias

Nun primeiro lugar foron acollidas polo equipo directivo e a orientadora na biblioteca do instituto. Tras a presentación e a explicación do funcionamento da web do centro, as familias dirixíronse ás aulas de 1º ESO A e 1º ESO B, onde foron recibidas polos titores Diego Lamas e María Rodríguez. Acto seguido, dirixíronse á cafetería do centro onde se lles agasallou cuns pinchos de benvida.

Acollida

Distribuir contido