IES EDUARDO PONDAL

Reunión coas familias do alumnado de 1º ESO

O próximo luns 25/09/2023 vaise celebrar a reunión coas familias do alumnado de 1º de ESO.

O obxectivo da reunión é dar a coñecer ás familias o funcionamento do centro así como presentarnos os titores, equipo de orientación e equipo directivo.
 
Ademais, repartiranse os acordos de cesión do uso dos ordenadores de Edixgal e haberá uns pinchos na cafetería do centro ao rematar a reunión.

Prégase ás persoas interesadas en asistir que envíen un correo electrónico indicando o seu nome e o do seu fillo ou filla a: orientacion.ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.gal.

Tamén pode confirmarse a asistencia enviando ABALAR á persoa titora do grupo.

DATA DA REUNIÓN: LUNS 25 DE SETEMBRO DE 2023
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso).
HORARIO: 17:30 -  Duración estimada ata as 19:00 (non pasa nada se chegades algo tarde).

Vémonos!!

 

Carmela Velasco gañadora do certame "Imaxes do patrimonio"

Carmela

O pasado 1 de setembro o xurado do VI Certame "As imaxes do patrimonio", na categoría de ensino secundario na modalidade de poscast, concedeu o primeiro accésit a nosa alumna Carmela Velasco Cures, sendo invitada ela e os seus compañeiros á gala de entrega de galardóns, que terá lugar o próximo 17 de novembro en Ourense.

Moitos parabéns e agradecementos por este premio a Carmela!!!

Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace.

Horarios de grupos 23/24

1º ESO A  

Horario

1º ESO B

Horario

2º ESO A

Horario

2º ESO B

Horario

3º ESO A

Horario

3º PDC

Horario

4º ESO A

Horario

4º ESO B

Horario

1º BAC A

Horario

1º BAC B

Horario

2º BAC A

Horario

2º BAC B

Horario

1º FPB

Horario

2º FPB

Horario

1º CMAPD

Horario

2º CMAPD

Horario

1º CMEV

Horario

2º CMEV

Horario

1ºCSDAUTO

Horario

2ºCSDAUTO

Horario

Acollida do alumnado. Martes 12 de setembro

Acollida do alumnado o martes 12 de setembro
 

 

As clases darán comezo o martes 12 en horario de 8:30 a 14:00 e haberá transporte escolar.
 

 

Lugares de acollida do alumnado:
 

 

  • 1º ESO fará a acollida na biblioteca.

 

  • 2º ESO,3ºESO e 4ºESO, no pavillón.

 

  • 1ºBacharelato, 1º de ciclos medios, 1º de ciclo superior Dual e 1ºde fp básica,no salón de actos.

 

  • 2ºBacharelato, 2º de ciclos medios, 2º de ciclo superior Dual e 2º de FPB,no patio semicuberto.

 

 

En cada punto de acollida do alumnado estará un membro do equipo directivo ou orientación e os titores de cada grupo.

 

Inicio de curso

Informamos a pais e alumnado de que debido á festividade do 11 de setembro, o curso escolar dará comezo o martes día 12 co horario habitual (de 08:30 a 14:00). O servizo de transporte escolar funcionará con total normalidade. 

Grazas!!

Distribuir contido