Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Un ano de Polos Creativos!Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:26
04/06/2024 18:20
Atlantic/Bermuda
Por segundo ano, o noso centro participa do programa Polos Creativos, unha ocasión para levar a tecnoloxía á vida diaria. A nosa aula de Polos acolle materiais de traballo que van desde a cortadora láser ás gafas de realidade virtual, pasando por outras ferramentas de creación como a impresora e o escáner 3D ou a máquina de coser. Neste curso, o profesorado recibiu formación cunha liña do PFPP: un curso de manexo e un seminario para a aplicación en aula e a creación de materiais. O alumnado, en xeral, participou deste programa no día a día dalgunhas materias. Hai que destacar a participación, con este obxectivo, dos nosos nenos e nenas en: - Talentos Inclusivos: Participación no programa Talentos Inclusivos 2024. Ver vídeo resumo. - Liga Maker Drone: Participación na Liga Maker Drone 2024. Ver vídeo resumo. onde tiveron que resolver problemas da vida diaria a través do uso da tecnoloxía. Queredes ver algo máis? Esta presentación, do profesor Miguel Anxo Barreiro, recompila as nosas accións:
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 07:28
Publicada a ORDE do 7de maio de 2024 (DOG do 20 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024. O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluidos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Enlace ao extracto do texto da Orde Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II) Enlace á aplicación FONDOLIBROS
( categories: )
Foro da ComunidadeEnviado por admin o Mar, 07/11/2023 - 17:18
07/11/2023 21:17
Atlantic/Bermuda
Xuntanzas do Foro da Comunidade para o curso 2023/24. Trátase dunha iniciativa para potenciar a participación de todos os sectores da Comunidade Educativa:profesorado, alumnado e familias. Nas xuntanzas que celebremos procuraremos debatir, con calma, sobre temas que nos preocupen a todos e, sempre que sexa preciso, convidaremos expertos que podan axudarnos no esclarecemento das dúbidas.Se queres participar, déixanos o teu contacto neste formulario. Podes ver máis información neste enlace. Contamos convosco!
Datas para as xuntanzas:
PRESENTACIÓN E INICIO DAS CLASESEnviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 08:16
07/09/2023 12:14
Atlantic/Bermuda
O próximo luns día 11 teremos a presentación do alumnado da ESO. Os titores e titoras, ás 12:30 recibirán ao alumnado e lles comentarán as particularidades deste novo curso. Ese día aínda non haberá transporte e estimamos que a presentación durará en torno a unha hora. O día 12, martes, comezan as clases para a ESO, con normalidade. O alumnado de BAC, FPBAS e CICLO terán a presentación ás 08:30 e quedarán, despois, ata finalizar a mañá con clases ordinarias. O martes, 12, xa haberá transporte e, polo tanto, o horario será o habitual, de 08:30 a 15:00. O alumnado debe vir, xa, cos materiais solicitados para o seu curso. Benvidos ao novo ano académico! LIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS CURSO 23/24. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIAEnviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 04:13
Os libros de texto recomendados para o seu uso durante o curso 2023-2024 polo departamento de Xeografía e Historia son os que se relacionan a continuación:
( categories: )
VALES MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024Enviado por admin o Ven, 14/07/2023 - 07:47
14/07/2023 11:44
Atlantic/Bermuda
Xa están dispoñibles os vales das axudas para material escolar para o curso 2023-2024. Poderán ser retirados polos interesados/as na secretaría do centro de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.
( categories: )
CURSO 2023-2024. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAREnviado por admin o Ven, 14/07/2023 - 06:49
Segundo foi aprobado en claustro de profesorado, estes serán os libros de texto e o material escolar a utilizar no centro no curso 2023-2024:
LIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS CURSO 23/24 - BACHARELATO
* En 1º, 2º, 3º e 4º cursos de E.S.O. non hai axudas do FONDO LIBROS, xa que nestes cursos estaremos adscritos ao programa E-DIXGAL.
( categories: )
VIVIR PARA VIAXAREnviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 08:05
Presentamos VIVIR PARA VIAXAR, unha revista dixital interactiva que é o produto dun proxecto interdisciplinar levado a cabo grazas á colaboración de 88 alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º ESO, e de 1º e 2º de Bacharelato, e 7 asesores científico-didácticos do IES POETA DÍAZ CASTRO (Guitiriz), todos eles baixo a coordenación do profesor ANTONIO MAURIZ MARTÍNEZ. Como sinala no editorial Gabriel Lorenzo, o seu director, este proxecto "resultou para todos nós un exemplo de colaboración, creatividade e aprendizaxe tecnolóxica aplicada ao servizo do coñecemento." O proxecto enmarcouse no programa MOVILIDADE SOSTIBLE E SEGURA, dentro do PLAN PROXECTA +. A revista presenta coñecementos extraídos da historia, da arte, da literatura, da bioloxía, da tecnoloxía, etc. A viaxe está vista a través de todos estes saberes. A estructura de Vivir para viaxar organízase arredor de 4 dossieres e 5 entrevistas nos que se afonda dende as raíces históricas da viaxe, ata a temática relacionada co impacto ecolóxico da mesma, pasando pola historia dos medios de transporte ou as viaxes literarias. As entrevistas nos permiten entablar un diálogo con persoas excepcionais e destacadísimos especialistas nas súas respectivas áreas de coñecemento mestúranse cos dossieres, ofrecendo así aos nosos lectores a sabedoría dos entrevistados en relación coa viaxe.
( categories: )
RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES-2023Enviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 05:54
Onte estivemos en Santiago acompañando aos nosos alumnos e alumnas no Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de ABAU.
Os alumnos e alumnas do IES Poeta Díaz Castro merecedores e merecedoras desta distinción son:
PAULA GARCÍA GRAÑA
YAGO MARTÍNEZ PENA
MARTA ELISA SANMARTÍN CAMPELLO
HUGO SANMARTÍN RODRÍGUEZ
Orgullosos do traballo desenvolvido no centro, da colaboración das familias e do esforzo dos nosos rapacese rapazas, non nos queda outra que salientar que un 27% dospresentados no noso centro ás probas de ABAU foi merecedor deste recoñecemento, frente ao 10% de media en Galicia.
Por iso...
NORABOA A TODOS: ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO!!!!!!
( categories: )
II Feira de ProxectosEnviado por admin o Lun, 19/06/2023 - 06:05
19/06/2023 09:50
Atlantic/Bermuda
O día 21 de xuño, en Xornada de Portas Abertas, celebraremos a nosa segunda Feira de Proxectos. O alumnado será o protagonista, novamente, ao explicar unha parte importante dos proxectos desenvolvidos ao longo destes meses. A Xornada desenvolverase co seguinte horario: 11.15: Vestíbulo do centro Benvida, explicación da xornada. Colocación da Placa que nos distingue como eTwinning School Comunicación do Premio á aula mellor coidada 2023 11.30: Percorrido do itinerario por todas as paradas de proxectos. Rincón da natureza - Espazo Creativos - Espazo Fabricación Mecánica - Arredor das palabras - Audiovisual - K Paces - Aula da calma - Espazo mediación - Mercados solidarios - Activa a túa mente - Revista TIC
Contamos coa vosa visita e publicaremos en RRSS novas sobre o desenvolvemento do día!
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |