Música

PROBAS DE SETEMBRO 2020_DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Enviado por admin o Lun, 29/06/2020 - 05:56

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2019/20

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

O alumnado de música, utilizará o material entregado durante as clases presenciais da primeira e segunda avaliación e o material publicado na súa aula virtual en classroom, para preparar as probas que deberá realizar para recuperar a materia na aula de música no mes de setembro, segundo o horario que se publique desde a xefatura de estudos.

1. Interpretación vocal, lendo, cantando ou cun instrumento musical , dalgún dos temas musicais traballados ao longo do curso. O alumnado dispón de materiais en classroom para preparar este exercicio, si ten algunha dúbida, poderá consultala ata o 10 de xullo vía gmail a aulamusicadiazcastro@gmail.com.

2. Interpretación rítmica, dos exercicios de ritmo de mans e ritmo corporal, seguindo os vídeos tutoriais de axuda para a realización da tarefa, que se atopan en classroom.

3.  Exposición oral dun máximo de tres minutos, sobre un instrumento galego. O alumnado poderá facer este traballo coa información do instrumento/s traballados en classroom, ou ben preparar a exposición oral doutro instrumento galego sobre o que decida investigar este verán. A exposición oral, realizarase cun guión na man, e entregarase o esquema e resumo do traballo investigado por escrito á profesora. Os traballos presentaranse seguindo as pautas que podedes atopar no blog da biblioteca, picando no enlace. Esta exposición oral de setembro, farase seguindo as normas e pautas xerais establecidas para a realización destas probas durante o curso escolar.

-Realización dun GUIÓN, (que o alumnado utilizará para facer a exposición).

-Presentación dun ESQUEMA, organizado e completo coas cinco ideas ou argumentos  principais e secundarios investigados.

- Presentación dun RESUME do instrumento investigado.

-O alumnado poderá utilizar, fotografías, audio ou algún fragmento de vídeo, para completar visualmente con imaxes a información que ten preparada.

A presentación do instrumento, non será inferior a dous minutos, nin superior a tres.

 

Departamento de Música.

( categories: )

ADAPTACIÓNS CURRICULARES 19-20

Enviado por admin o Mér, 13/05/2020 - 13:18
( categories: )

Música

Enviado por tenreirodoldan o Xov, 27/10/2011 - 08:45

 

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Sandra Tenreiro Doldán

Xefa do departamento

( categories: )
Distribuir contido