Benvid@s á web do I.E.S. POETA DÍAZ CASTRO

Enviado por admin o Ven, 27/11/2020 - 06:40

Pica na imaxe para acceder á web que recolle todo o noso traballo

 

 


Centro seleccionado pola Fundación Barrié para participar na Convocatoria de Proxectos Escolares no curso 2013-2014, na modalidade "Proxecto Colaborativo e Intercentros", polo proxecto:

TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO. UN ROTEIRO INTERACTIVO POLA POESÍA, O LUGAR E A PERSOA

   

Libros de texto e material escolar para o curso 2024/25

Enviado por admin o Lun, 15/07/2024 - 06:06
15/07/2024 09:58
Atlantic/Bermuda

Vimos de publicar na entrada do Instituto, como vén sendo habitual, a listaxe de libros de texto recomendados para o vindeiro ano. Igualmente, recordamos que, no sobre de matrícula ían os materiais escolares necesarios para o curso que vén. Neste sentido, queremos recordar algo:

  • O feito de pertencer ao programa Edixgal elimina o dereito a recibir axudas para libros, pero non as Axudas para material escolar, cando proceda.
  • Calquera material solicitado / recomendado que teñades en casa e que estea en bo estado é, por suposto, válido para o vindeiro ano. Apostamos pola sustentabilidade!

 

VALES DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Enviado por admin o Xov, 11/07/2024 - 05:18

A partir do venres 12 de xuño poderán recollerse no centro os vales correspondentes ás axudas para a adquisición de material escolar establecidas na ORDE do 7de maio de 2024 (DOG do 20 de maio).

 

VALES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A partir do 12 de xuño

Horario de atención: de 10 a 13 h., de luns a venres

 

 

Foro da Comunidade de fin de curso

Enviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 13:26
24/06/2024 17:20
Atlantic/Bermuda

O próximo día 26, mércores, ás 11.00 celebraremos o último Foro da Comunidade de este curso.

A el podes acudir como profesor/a, pai/nai ou alumno/a... ou como calquera outro membro da comunidade educativa... Será unha xuntanza informal, mediada por un café, na que charlar sobre a marcha do propio foro, do curso, do centro... e retomar posicións para o próximo curso...

anuncio

Contamos contigo!

ENTREGA DE NOTAS

Enviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 13:03
24/06/2024 17:01
Atlantic/Bermuda

A punto de pechar o curso 2023/24, temos pendente a entrega de boletíns coas cualificacións finais.

Os titores e titoras recibirán aos seus grupos segundo este horario:

 

ESO E BAC: Día 25 ás 12.00 horas

 

FP: Día 26 ás 10:00 horas

 

Moita sorte con elas!

Mellorando espazos

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 15:56
04/06/2024 19:40
Atlantic/Bermuda

Como sabedes, levamos varios anos comprometidos coa mellora do espazo para facer do centro un lugar acolledor e, tamén, conseguir que o propio espazo sexa un axente para a aprendizaxe.

O ano pasado comprometímonos a continuar na creación e consolidación dos sete espazos creados. Compartimos convosco os resultados das propostas de mellora:

 

RECUNCHO DA NATUREZA

Este ano incorporamos a estación meteorolóxica (que permitiu a participación en Meteoescolas) e dimos unha nova vida aos carballos que estaban no invernadoiro, nun plan de acollemento noutros lugares, chamado "Adopta un carballo". Veremos como van medrando nas novas vivendas...

Por outra banda, seguimos empregando os bancais (con importancia vital no eTwinning deste curso, ao igual ca estación meteorolóxica) para sementar e observar co obxectivo de crear un calendario fenolóxico e estudar a influencia do clima no crecemento.

Outro dos elementos optimizado este curso foi a composteira, ben chea para abonar os nosos bancais e mesas de cultivo a fin de curso.

Queres saber máis? “Y si cambia el clima... qué ocurre?”

 

ACTIVA A TÚA MENTE

Desde a materia de disposición de centro, organizouse un interesante avance neste espazo: cada xoves a entrada converteuse nun lugar para o xogo de mesa e, con el, a socialización, a estratexia, o divertimento...

Houbo, tamén, espazo para o xadrez, desde o departamento de matemáticas!

Mirade, foi moi interesante!

 

ESPAZO CREATIVOS

Esta foi, sen dúbida, a zona que modificou de xeito máis salientable. Con intervención de varias materias, de varios departamentos, coa axuda de alumnos voluntarios ou que prestaban servizos á comunidade, conseguimos mellorar a parte traseira do centro, este é o seu estado actual... e segue a renovación!

 

AULA SLOW

Como proxecto de investigación na materia de disposición de centro para 1º de BAC, este é o espazo máis interesante dos creados... será capaz de modificar a nosa metodoloxía? seremos quen de deixar a présa fóra?

Podes ver aquí o proceso de creación e os resultados da man dos protagonistas!

 

 

 

Participación: o Equipo de Mediación e a Xunta de Delegados

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:47
04/06/2024 18:44
Atlantic/Bermuda

Un curso máis procuramos desenvolver os equipos máis participativos do centro... O noso equipo de Mediadores e a Xunta de Delegados.

Ambos os dous equipos recibiron ao longo do primeiro trimestre formación específica para desenvolver a súa función no centro. O primeiro, máis enfocado na convivencia e na resolución pacífica de conflitos. O segundo, na representación dos seus grupos, a recollida de iniciativas e a posta en marcha de propostas.

Nova na prensa sobre o noso equipo de mediación.

Podedes ver algunhas das actividades desenvolvidas nestes vídeos:

 

EQUIPO DE MEDIACIÓN

 

 

XUNTA DE DELEGADOS

 

 

Acollida aos nosos futuros alumnos de 1º de ESO

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:37
04/06/2024 18:31
Atlantic/Bermuda

Como cada ano, durante o mes de xuño, recibimos aos nosos futuros alumnos e alumnas. Incorporaranse en setembro para iniciar a súa etapa de educación secundaria.

Por isto, celebramos dúas xornadas de portas abertas:

- Para os nenos e nenas de 6º dos coles de Lagostelle, Parga e A Castellana, acompañados dos seus titores e titoras, aos que acompaña, tamén, a orientadora.

- Para as familias, que formarán parte da nosa comunidade educativa en breve!

Ambas xornadas teñen como obxectivo o achegamento, o descubrimento do centro e o inicio dos lazos que nos unirán durante os próximos seis cursos.

Estes son algúns dos momentos de ambos os días:

 

Clean Minimalist Moodboard Photo Collage Beauty TikTok Video de orientaguitiriz

Un ano de Polos Creativos!

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:26
04/06/2024 18:20
Atlantic/Bermuda

Por segundo ano, o noso centro participa do programa Polos Creativos, unha ocasión para levar a tecnoloxía á vida diaria.

A nosa aula de Polos acolle materiais de traballo que van desde a cortadora láser ás gafas de realidade virtual, pasando por outras ferramentas de creación como a impresora e o escáner 3D ou a máquina de coser.

Neste curso, o profesorado recibiu formación cunha liña do PFPP: un curso de manexo e un seminario para a aplicación en aula e a creación de materiais.

O alumnado, en xeral, participou deste programa no día a día dalgunhas materias. Hai que destacar a participación, con este obxectivo, dos nosos nenos e nenas en:

- Talentos Inclusivos: Participación no programa Talentos Inclusivos 2024. Ver vídeo resumo.

- Liga Maker Drone: Participación na Liga Maker Drone 2024. Ver vídeo resumo.

onde tiveron que resolver problemas da vida diaria a través do uso da tecnoloxía.

Queredes ver algo máis? Esta presentación, do profesor Miguel Anxo Barreiro, recompila as nosas accións:

 

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 07:28

Publicada a  ORDE do 7de maio de 2024 (DOG do 20 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluidos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlace ao texto da Orde

Enlace ao extracto do texto da Orde

Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II)

Enlace á aplicación FONDOLIBROS

Enlace á SEDE ELECTRÓNICA

 

Distribuir contido