Viaxe a Roma e Florencia 2015

Enviado por admin o Mér, 22/04/2015 - 08:53

Entre os días 14 e 19 de abril, un grupo de alumnos/as do IES, acompañados por María Miragaya e Julio González, realizaron unha viaxe de estudios (e disfrute, que hai tempo para todo) a Roma e Florencia.

AQUI TEDES FOTOS DA AVENTURA!

 

URXENTE!!!: SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA VENRES 6 DE FEBREIRO

Enviado por admin o Xov, 05/02/2015 - 04:23

EN BASE Á PREDICCIÓN POR HORAS QUE FAI A PÁXINA WEB DA AXENCIA ESTATAL DE METEOROLOXÍA (AEMET) PARA O CONCELLO DE GUITIRIZ NO DÍA DE MAÑÁN

 

SUSPÉNDENSE AS ACTIVIDADES LECTIVAS NO CENTRO

PARA O DÍA

VENRES 6 DE FEBREIRO

 

 

Por favor, permanecede pendentes de calquera novidade que sería notificada nesta páxina web. Grazas.

( categories: )

Actividades Extraescolares Novembro'2014

Enviado por admin o Lun, 24/11/2014 - 08:46

Vos presentamos aquí un pequeno resumo das Actividades Extraescolares e Complementarias realizadas polo centro durante este mes de novembro.

4 de novembro, martes

Como premio á aula mellor coidada do curso 2013-14, o alumnado galardonado (de 2º de ESO A e 2º de ESO B), acompañado por Manu Balsa e Mª José Fernández Gallego, fixeron unha visita a A Coruña, onde levaron a cabo unha xincana pola cidade.

19 de novembro, mércores

Visita á Escola Técnica Superior de Minas en Vigo, dirixida ao alumnado de Bacharelato (1º e 2º). Os profesores acompañantes foron Ana Sánchez e Ramón Erias.

20 de novembro, xoves

Os/as alumnos/as de 3º de ESO, e os/as de Música de 4º de ESO, asistiron a un concerto didáctico a cargo da REAL FILHARMONÍA de GALICIA, dirixido por Jordi Corominas, no que foi interpretada "A Guerra de Troia". Nesta ocasión, as profesoras responsables foron Sandra Tenreiro e Mónica Campo.

25 de novembro, martes

Representación teatral en francés, ademáis de distintas actividades matemáticas en Lugo. Asiste o alumnado de francés, máis 3º de ESO (A+B), acompañado por Victor Pollán e María Miragaya.

 

Ademáis das reseñadas, tamén se desenvolveron distintas charlas, talleres, etc. no propio centro a cargo da Biblioteca, o departamento de Música, o departamento de Matemáticas, ....

 

Que non decaia a actividade!

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Enviado por admin o Lun, 14/07/2014 - 09:20

Accede á opción de Libros de Texto para ver o listado dos mesmos, así como o material escolar a empregar neste vindeiro curso.

( categories: )

INFORMACIÓN XERAL DO CURSO 2013-2014

Enviado por admin o Xov, 10/07/2014 - 19:07

Logo

Aquí vos presentamos a Introducción á Memoria Xeral Anual correspondente ao curso 2013-2014, na que podedes ver as actividades desenvolvidas (en liñas xerais), así como a estatística dos resultados académicos e a súa valoración.

Para acceder ao documento, segue o enlace de abaixo:

 

INFORME DE ACTIVIDADES E RESULTADOS

CURSO 2013-14

( categories: )

PAaU

Enviado por admin o Mar, 24/06/2014 - 16:03

Una vez realizadas e avaliadas as Probas de Acceso á Universidades, o alumnado do IES POETA DIAZ CASTRO presentado as mesmas conseguiu supera las na sua totalidade, é dicir, consigue un índice de aprobados do

 

100 %

 

NORABOA A/OS ALUMNAS/OS

AOS SEUS PAIS/NAIS

E A TODO O PROFESORADO!!!

( categories: )

Fotografía en Curso. Traballo conxunto entre Música e Plástica.

Enviado por nuriapena o Xov, 05/06/2014 - 05:55

 Aqui vos deixamos un enlace ao poema musicado por Sandra Tenreiro coas fotografías feitas polos nosos alumnos no proxecto Fotografía en Curso con Vari Caramés.

É unha preciosa fusión de fotografía, poesía e música. Esperamos que a disfrutedes.

 


( categories: )

Recepción na REAL ACADEMIA GALEGA

Enviado por admin o Mar, 20/05/2014 - 08:44
20/05/2014 00:44
20/05/2014 23:44
Etc/GMT+1

Hoxe, unha representación do alumnado de Guitiriz foi recibido na Real Academia Galega.

Ata A Coruña desplazáronse tamén todos os/as alumnos/as que van participar, xa pola tarde, na presentación no ÁGORA da curtametraxe elaborada este curso, OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS.

E, ademáis, tamén o alumnado que forma parte do clube de lectura, acudiu, respondendo á previa invitación, a visitar aos seus compañeiros/as do clube de lectura do IES URBANO LUGRÍS...

En fin. Unha xornada, chea, chea, chea, de emocións e traballo...

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

Enviado por admin o Mar, 20/05/2014 - 08:39

Por fin! Chegou o día! E agora, a seguir traballando...

Aquí está xa OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS, a curtametrase feita no IES, có alumnado do IES, có profesorado do IES, con toda a comunidade educativa do IES, e baixo a maxistral dirección de CRISTINA DE LA TORRE.

Distribuir contido