Xefatura de Estudos

CURSO 2023-2024. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Enviado por admin o Ven, 14/07/2023 - 06:49

Segundo foi aprobado en claustro de profesorado, estes serán os libros de texto e o material escolar a utilizar no centro no curso 2023-2024:

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

 

LIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS CURSO 23/24 - BACHARELATO

 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

 

* En 1º, 2º, 3º e 4º cursos de E.S.O. non hai axudas do FONDO LIBROS, xa que nestes cursos estaremos adscritos ao programa E-DIXGAL.

 

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES-2023

Enviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 05:54

Onte estivemos en Santiago acompañando aos nosos alumnos e alumnas no Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de ABAU.

 

Os alumnos e alumnas do IES Poeta Díaz Castro merecedores e merecedoras desta distinción son:

 

PAULA GARCÍA GRAÑA

 

YAGO MARTÍNEZ PENA

 

MARTA ELISA SANMARTÍN CAMPELLO

 

HUGO SANMARTÍN RODRÍGUEZ

 

 

Orgullosos do traballo desenvolvido no centro, da colaboración das familias e do esforzo dos nosos rapacese rapazas, non nos queda outra que salientar que un 27% dospresentados no noso centro ás probas de ABAU foi merecedor deste recoñecemento, frente ao 10% de media en Galicia.

 

Por iso...

 

NORABOA A TODOS:

ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO!!!!!!

 

 

 
 
 
( categories: )

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 06:40
22/05/2023 10:12
Atlantic/Bermuda

Publicada a  ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluidos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlace ao texto da Orde

Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II)

Enlace á aplicación FONDOLIBROS

Enlace á SEDE ELECTRÓNICA

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

Enviado por admin o Mér, 01/03/2023 - 09:53

 

 

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos

 

do 1 ao 20 de marzo de 2023

 

O impreso de admisión (modelo ED550B) pódese cumplimentar e descargar da web

 

www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

ou ben recoller na secretaría do centro.

 

As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ,

 

ou ben de xeito presencial na secretaría do centro.

 

 

 

( categories: )

MERCADO SOLIDARIO DE NADAL

Enviado por susana.vazquez.r o Xov, 17/11/2022 - 08:43
17/11/2022 13:35
Atlantic/Bermuda

Solidario

 

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay 

 

Por segundo ano consecutivo seguimos coa intención de celebrar un mercado solidario no que dar unha segunda vida a pertenzas que xa non nos resultan imprescindibles.

Cremos que o Nadal é un momento óptimo para aprender a elixir un regalo diferente, menos custoso pero non por iso con menor valor...

Imos combinar unha e outra idea e, durante este mes de novembro, recolleremos aquelas cousiñas (en bo uso) que desexedes, cos vosos fillos e fillas, ceder para este fin. Aquí revisaremos que están en condicións de ser integradas no mercado e porémolas á disposición do alumnado o día 9 de decembro.

Como en ocasións anteriores, a entrega de cada artigo trocarase por un vale co que poder participar no mercado, e os excedentes serán doados aos servizos sociais.

Por favor, participade, imos revolucionar a nosa idea de consumo e reutilizar roupa, libros, complementos, xoguetes, aparellos... Somos comunidade!

 

( categories: )

NOVO PREMIO PARA "DÍAS CONTADOS"

Enviado por admin o Ven, 28/10/2022 - 08:11

O día 27 de outubro, o noso alumnado de 2º de Bacharelato desplazouse a Ourense, acompañados polo profesor Julio González, para asistir á gala de entrega de premios da X Edición do OUFF ESCOLA (Ourense Film Festival), invitados pola organización tras a participación no certame coacurtametraxe "Días Contados". No transcurso desta gala, recibiron o premio ao MELLOR GUIÓN.

Non nos cansaremos de dicir que se trata dunha mostra máis de que a excelencia, tal e como nós a entendemos, é algo que está bastante máis aló de expedientes, cualificacións, currículos e dos espazos pechados das aulas. O traballo ben feito sempre ten recompensa, e a aprendizaxe require diversidade de enfoques e aproximacións. Non todo se aprende baixo teito. E novamente aquí temos unha mostra.

PARABÉNS, rapaces e rapazas!!!

 

( categories: )

INICIO DO CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Lun, 05/09/2022 - 07:47
05/09/2022 11:19
Atlantic/Bermuda

A presentación e inicio do curso 2022-2023 terá lugar nos días e horas indicados a continuación:

 

CURSO DÍA HORA
1º E.S.O.*      Xoves, 8 de setembro           12:30     
2º E.S.O.* Xoves, 8 de setembro 12:30
3º E.S.O. ** Venres, 9 de setembro 08:30
4º E.S.O. ** Venres, 9 de setembro 08:30
1º BACHARELATO ** Venres, 9 de setembro 08:30
2º BACHARELATO ** Venres, 9 de setembro 08:30
FP BÁSICA ** Xoves, 8 de setembro 13:00
      CICLO MEDIO SOLDADURA E CALDEIRARÍA **      Xoves, 8 de setembro 13:00

 

* Haberá servizo de transporte escolar só para o retorno ao domicilio ás 14 h.O alumnado de Ciclos con idade superior a 16 anos poderá utilizar o transporte escolar coa tarxeta XENTE NOVA.

* O alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato se incorporará á actividade lectiva normal tras a presentación. Haberá servizo de transporte escolar para a entrada e a saída para o alumnado menor de 16 anos e para o maior de 16 coa tarxerta XENTE NOVA.

 

Prégase estean atentos/as a calquera modificación destes horarios, que de producirse, será publicada neste mesmo medio.

 

 

( categories: )

Axudas Adquisición Material Escolar

Enviado por admin o Mér, 20/07/2022 - 06:40

 

 

Publicadas no centro as listaxes de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 22-23 que foron concedidas.

Os/as beneficiados/as poden pasar pola administración do IES a recoller os vales correspondentes

en horario de 10 a 13 horas.

 

 

( categories: )

Matrícula Ciclo Medio SOLDADURA e CALDEIRARÍA

Enviado por admin o Mér, 20/07/2022 - 05:50
20/07/2022 09:34
Atlantic/Bermuda

Do 19 ao 22 de xullo de 2022

 

está aberto o prazo de matrícula no

 

Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría

 

para o alumnado admitido na primeira adxudicación.

 

 

 

 

Máis información premendo no enlace.

 

 

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Lun, 27/06/2022 - 05:57

 

Datas en que se formalizará a matrícula dos diferentes cursos para o vindeiro ano académico 2020-2021:

 

CURSO DÍA
  1º ESO  
    29 e 30 de xuño    
  2º ESO   30 de xuño e 1 de xullo  
  3º ESO 1 - 4 de xullo
  4º ESO 4 e 5 de xullo
  1º BAC 5 e 6 de xulo
  2º BAC 6 e 7 de xullo

 

Ao alumnado proposto para FP BÁSICA se lle entregará xunto co boletín de notas:

 

      -  ANEXO III - Consentimento de incorporación á FP BÁSICA. Deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestado ou representantes legais.

      Achegar este documento ao Departamento de Orientación antes do 30 de xuño. De non entregar este documento no prazo que se establece, entenderase que non dan o dito consentiimento.

 

Horario de atención ao público: LUNS A VENRES DE 9:30 A 13:30

 

 

 

( categories: )
Distribuir contido