Xeografía e Historia

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023/2024

Enviado por fatimacastro o Sáb, 06/01/2024 - 17:58
( categories: )

MEMBROS DO DEPARTAMENTO

Enviado por fatimacastro o Xov, 16/11/2023 - 12:25

CURSO 2023/2024  

 PROFESORADO

 MATERIA - CURSO

 Fátima Castro Platas

  • Xeografía e Historia 1º ESO
  • Xeografía e Historia 2º ESO
  • Xeografía 2º BAC 
  • Paisaxe e Sustentabilidade 2º ESO A

 Jairo González Fernández

  • Xeografía e Historia 4º ESO
  • Historia da Arte 2º BAC
  • Historia de España 2º BAC
  • Paisaxe e Sustentabilidade 2º ESO B
  • Proxecto Competencial 2º ESO
  • Proxecto Competencial 4º ESO

 Fernado Ulla Lorenzo

  • Xeografía e Historia 3º ESO
  • Historia do Mundo Contemporáneo 1º BAC
  • Comunicación e Sociedade II FP BÁSICA

 

 

 

 

( categories: )

LIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS CURSO 23/24. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Enviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 04:13

Os libros de texto recomendados para o seu uso durante o curso 2023-2024 polo departamento de Xeografía e Historia son os que se relacionan a continuación:

 

  • HISTORIA DE ESPAÑA: Historia de España 2º Bacharelato - Operación Mundo, Galicia. Editorial Anaya, 2023. ISBN 978-84-143-3003-6
  • HISTORIA DA ARTE: Historia del Arte 2º Bachillerato. Editorial Anaya 2023. ISBN 978-84-143-3013-5
  • XEOGRAFÍA: Xeografía 2º Bacharelato - Operación Mundo, Galicia. Editorial Anaya, 2023. ISBN 978-84-143-1597-2.

 

 

 

( categories: )

ProxectoTERRA

Enviado por jairo.gonzalez o Xov, 29/06/2023 - 08:10

No presente curso, o alumnado de 2ºESO, pero tamén unha boa parte integrante doutros cursos do ensino secundario, participou no ProxectoTERRA, enmarcado no Plan Proxecta+.

 

Entre os seus obxectivos, procurou mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia. Tamén se promoveu a toma de conciencia sobre os problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.

 

Así, cun enfoque transversal e interdisciplinar no que participaron todas as materias de linguas, xunto cos departamentos de Xeografía e Historia, Latín e Música, desenvolvéronse actividades diversas.

Entre todas elas, podemos citar o traballo coa toponimia; a concienciación sobre o medio, non só natural ou construído, senón tamén social (traballo con persoas maiores do concello); "roteiros" sobre a figura de Díaz Castro; saídas fóra do centro; obradoiros propostos desde o propio ProxectoTERRA; e tamén unha visita á cidade de Pontevedra para coñecer a súa historia e o seu urbanismo.

Agardamos continuar co proxecto no vindeiro curso, polo que estamos a valorar novas ideas!!!

 

Finalmente, queda a continuación unha mostra dalgunhas das actividades desenvolvidas.

ProxectoTERRA de Jairo González

Distribuir contido