ProxectoTERRA

Enviado por jairo.gonzalez o Xov, 29/06/2023 - 08:10

No presente curso, o alumnado de 2ºESO, pero tamén unha boa parte integrante doutros cursos do ensino secundario, participou no ProxectoTERRA, enmarcado no Plan Proxecta+.

 

Entre os seus obxectivos, procurou mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia. Tamén se promoveu a toma de conciencia sobre os problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.

 

Así, cun enfoque transversal e interdisciplinar no que participaron todas as materias de linguas, xunto cos departamentos de Xeografía e Historia, Latín e Música, desenvolvéronse actividades diversas.

Entre todas elas, podemos citar o traballo coa toponimia; a concienciación sobre o medio, non só natural ou construído, senón tamén social (traballo con persoas maiores do concello); "roteiros" sobre a figura de Díaz Castro; saídas fóra do centro; obradoiros propostos desde o propio ProxectoTERRA; e tamén unha visita á cidade de Pontevedra para coñecer a súa historia e o seu urbanismo.

Agardamos continuar co proxecto no vindeiro curso, polo que estamos a valorar novas ideas!!!

 

Finalmente, queda a continuación unha mostra dalgunhas das actividades desenvolvidas.

ProxectoTERRA de Jairo González