Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición material escolar 2019-2020

Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 04:30

No Diario Oficial de Galicia correspondente ao 20 de maio de 2019, aparece publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 
Prazo para presentar solicitudes
  •  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

 

Para presentación electrónica, entre nesta aplicación premendo o botón na esquina superior dereita da pantalla ou facendo clic aquí.

Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II

 

Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

 

( categories: )

ENQUISA-ESTUDO SOBRE O USO DAS DISTINTAS LINGUAS NO I.E.S.

Enviado por admin o Lun, 20/05/2019 - 05:46

Co obxectivo de actualizar os datos dos que dispoñemos no centro acerca do uso das distintas linguas no centro e poder así tamén actualizar o noso proxecto lingüístico (tal e como é preceptivo), o alumnado deberá responder á enquisa á que se pode acceder dende a seguinte ligazón (non vos leva nada facela, tardades máis en pensalo que en facelo):

 

                                                                                      

Suspensión da Actividade Lectiva

Enviado por admin o Ven, 01/02/2019 - 09:04

AVISO IMPORTANTE:

 

Coa finalidade de garantir a seguridade do alumnado transportado, e debido ás inclemencias meteorolóxicas,

suspéndese a actividade lectiva (clases).

( categories: )

Libros de texto para o 1º curso de E.S.O. 2018-2019

Enviado por admin o Mér, 01/08/2018 - 11:51

Segundo a información que nos facilitan desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o noso centro incorporase no ano académico 2018-2019 ao proxecto E-Dixgal no curso 1º ESO .


Polo tanto, informamos que, segundo o establecido no artigo 1º.2 da Orde
do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19 (DOG do 21 de maio):


O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na orde.

Así pois, quedan sen efectos todas as actuacións relacionadas co fondo solidario de libros de texto nos cursos en que o centro se incorpore a E-Dixgal (1º de E.S.O.). O alumnado non deberá realizar ningunha adquisición de libros de texto para o curso indicado.

 

( categories: )

Viaxe a Londres

Enviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 06:36

Pois xa foron e xa voltaron.

Entre os días 18 e 22 de abril, un grupo de 36 alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.S.O. viaxaron a Londres nunha viaxe de estudos na que tiveron ocasión de visitar os lugares máis representativos da cidade e, por suposto, poñer en práctica os seus coñecementos da lingua inglesa.

Estiveron acompañados por Elena Haz e Julio González.

 

A semana foi fructífera, incluindo visitas ao Museo de Historia Natural, Museo da Ciencia, National Gallery, Palacio de Buckingham, Picadilly Circus, Trafalgar Square, Big Ben, London Eye, Candem Town,... E disfrutando todos os días dun tempo maravilloso!

Na GALERÍA iremos subindo fotos da viaxe...

 

XVII Concurso de Relato e Debuxo Filloa 2016

Enviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 06:24

O alumno do noso centro MANUEL TEIJIDO CAÍNZOS, que curso 2º de E.S.O., resultou gañador do XVII Concurso de Relato e Debuxo Filloa 2016, que se celebra no marco da XXV Festa da Filloa de Muimenta en Cospeito.

Felicitacións, Manuel!

 

 

( categories: )

VII Concurso "LA MAGIA DE LA ROBÓTICA"

Enviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 06:04

Un grupo de alumnos/as de bacharelato do noso centro participou no VII Concurso de Robótica "La Magia de la Robótica" no que conseguiron un terceiro premio.

Nesta VII convocatoria deste concurso tomaron parte cerca de 2235 alumnos e alumnas de 62 centros educativos de toda Galicia, e 100 profesores e profesoras, polo que o resultado obtido non se pode considerar en absoluto malo.

Se queredes saber máis deste concurso, vos deixamos aquí estes enlaces que podedes visitar:

http://www.fundacionbarrie.org/programa_robotica_2016

http://www.fundacionbarrie.org/nota_prensa_resolucion_concurso_gallego_robotica

 

Noraboa!

( categories: )

II Concurso de Microrrelatos Prensa-Escuela

Enviado por admin o Xov, 17/03/2016 - 09:35

O noso compañeiro de 3º de E.S.O. Carlos Ariel Cabana Cendán participa no II Concurso de microrrelatos prensa-escuela con un relato titulado O FERROCARRIL DOS RECORDOS.

Imos entre todos/as botarlle unha man dándolle o noso voto no enlace de abaixo:

VOTAR RELATO "O FERROCARRIL DOS RECORDOS"

Sorte, Carlos!

( categories: )

Premio Extraordinario para Iris Villar

Enviado por admin o Xov, 10/03/2016 - 07:42

 

O pasado venres día 4 día 4 de marzo, a nosa alumna e compañeira IRIS VILLAR LÓPEZ, acompañada pola súa familia e a directora do Instituto, desprazouse a Santiago para recoller o seu Premio Extraordinario de Secundaria á Superación e o Esforzo Persoal.

Con estes premios ao esforzo e á superación persoal, a Consellería busca recoñecer e valorar os comportamentos excepcionais dos alumnos e das alumnas que grazas á dedicación e ao esforzo demostrado ao longo da etapa conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado.

Noraboa, Iris!!

( categories: )

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN

Enviado por admin o Mar, 17/11/2015 - 07:34

O IES Poeta Díaz Castro recebeu este luns, 16 de novembro, o Premio Nacional de Educación na modalidade de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais polo seu proxecto IES POETA DÍAZ CASTRO: A LUS DO MUNDO, entorno á figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014, o guitiricense Xosé Mª Díaz Castro. O Ministerio recoñece así o traballo do centro docente na difusión da figura do poeta, recollido na web A lus do mundo.

 

( categories: )
Distribuir contido