Benvid@s á web do I.E.S. POETA DÍAZ CASTRO

Enviado por admin o Ven, 27/11/2020 - 06:40

Pica na imaxe para acceder á web que recolle todo o noso traballo

 

 


Centro seleccionado pola Fundación Barrié para participar na Convocatoria de Proxectos Escolares no curso 2013-2014, na modalidade "Proxecto Colaborativo e Intercentros", polo proxecto:

TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO. UN ROTEIRO INTERACTIVO POLA POESÍA, O LUGAR E A PERSOA

   

Mellorando espazos

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 15:56
04/06/2024 19:40
Atlantic/Bermuda

Como sabedes, levamos varios anos comprometidos coa mellora do espazo para facer do centro un lugar acolledor e, tamén, conseguir que o propio espazo sexa un axente para a aprendizaxe.

O ano pasado comprometímonos a continuar na creación e consolidación dos sete espazos creados. Compartimos convosco os resultados das propostas de mellora:

 

RECUNCHO DA NATUREZA

Este ano incorporamos a estación meteorolóxica (que permitiu a participación en Meteoescolas) e dimos unha nova vida aos carballos que estaban no invernadoiro, nun plan de acollemento noutros lugares, chamado "Adopta un carballo". Veremos como van medrando nas novas vivendas...

Por outra banda, seguimos empregando os bancais (con importancia vital no eTwinning deste curso, ao igual ca estación meteorolóxica) para sementar e observar co obxectivo de crear un calendario fenolóxico e estudar a influencia do clima no crecemento.

Outro dos elementos optimizado este curso foi a composteira, ben chea para abonar os nosos bancais e mesas de cultivo a fin de curso.

Queres saber máis? “Y si cambia el clima... qué ocurre?”

 

ACTIVA A TÚA MENTE

Desde a materia de disposición de centro, organizouse un interesante avance neste espazo: cada xoves a entrada converteuse nun lugar para o xogo de mesa e, con el, a socialización, a estratexia, o divertimento...

Houbo, tamén, espazo para o xadrez, desde o departamento de matemáticas!

Mirade, foi moi interesante!

 

ESPAZO CREATIVOS

Esta foi, sen dúbida, a zona que modificou de xeito máis salientable. Con intervención de varias materias, de varios departamentos, coa axuda de alumnos voluntarios ou que prestaban servizos á comunidade, conseguimos mellorar a parte traseira do centro, este é o seu estado actual... e segue a renovación!

 

AULA SLOW

Como proxecto de investigación na materia de disposición de centro para 1º de BAC, este é o espazo máis interesante dos creados... será capaz de modificar a nosa metodoloxía? seremos quen de deixar a présa fóra?

Veremos os resultados: (en construción)

 

 

Participación: o Equipo de Mediación e a Xunta de Delegados

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:47
04/06/2024 18:44
Atlantic/Bermuda

Un curso máis procuramos desenvolver os equipos máis participativos do centro... O noso equipo de Mediadores e a Xunta de Delegados.

Ambos os dous equipos recibiron ao longo do primeiro trimestre formación específica para desenvolver a súa función no centro. O primeiro, máis enfocado na convivencia e na resolución pacífica de conflitos. O segundo, na representación dos seus grupos, a recollida de iniciativas e a posta en marcha de propostas.

Nova na prensa sobre o noso equipo de mediación.

Podedes ver algunhas das actividades desenvolvidas nestes vídeos:

 

EQUIPO DE MEDIACIÓN

 

 

XUNTA DE DELEGADOS

 

 

Acollida aos nosos futuros alumnos de 1º de ESO

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:37
04/06/2024 18:31
Atlantic/Bermuda

Como cada ano, durante o mes de xuño, recibimos aos nosos futuros alumnos e alumnas. Incorporaranse en setembro para iniciar a súa etapa de educación secundaria.

Por isto, celebramos dúas xornadas de portas abertas:

- Para os nenos e nenas de 6º dos coles de Lagostelle, Parga e A Castellana, acompañados dos seus titores e titoras, aos que acompaña, tamén, a orientadora.

- Para as familias, que formarán parte da nosa comunidade educativa en breve!

Ambas xornadas teñen como obxectivo o achegamento, o descubrimento do centro e o inicio dos lazos que nos unirán durante os próximos seis cursos.

Estes son algúns dos momentos de ambos os días:

 

Clean Minimalist Moodboard Photo Collage Beauty TikTok Video de orientaguitiriz

Un ano de Polos Creativos!

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:26
04/06/2024 18:20
Atlantic/Bermuda

Por segundo ano, o noso centro participa do programa Polos Creativos, unha ocasión para levar a tecnoloxía á vida diaria.

A nosa aula de Polos acolle materiais de traballo que van desde a cortadora láser ás gafas de realidade virtual, pasando por outras ferramentas de creación como a impresora e o escáner 3D ou a máquina de coser.

Neste curso, o profesorado recibiu formación cunha liña do PFPP: un curso de manexo e un seminario para a aplicación en aula e a creación de materiais.

O alumnado, en xeral, participou deste programa no día a día dalgunhas materias. Hai que destacar a participación, con este obxectivo, dos nosos nenos e nenas en:

- Talentos Inclusivos: Participación no programa Talentos Inclusivos 2024. Ver vídeo resumo.

- Liga Maker Drone: Participación na Liga Maker Drone 2024. Ver vídeo resumo.

onde tiveron que resolver problemas da vida diaria a través do uso da tecnoloxía.

Queredes ver algo máis? Esta presentación, do profesor Miguel Anxo Barreiro, recompila as nosas accións:

 

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 07:28

Publicada a  ORDE do 7de maio de 2024 (DOG do 20 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluidos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlace ao texto da Orde

Enlace ao extracto do texto da Orde

Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II)

Enlace á aplicación FONDOLIBROS

Enlace á SEDE ELECTRÓNICA

 

Foro da Comunidade

Enviado por admin o Mar, 07/11/2023 - 17:18
07/11/2023 21:17
Atlantic/Bermuda

Xuntanzas do Foro da Comunidade para o curso 2023/24.

Trátase dunha iniciativa para potenciar a participación de todos os sectores da Comunidade Educativa:profesorado, alumnado e familias.

Nas xuntanzas que celebremos procuraremos debatir, con calma, sobre temas que nos preocupen a todos e, sempre que sexa preciso, convidaremos expertos que podan axudarnos no esclarecemento das dúbidas.Se queres participar, déixanos o teu contacto neste formulario.

Podes ver máis información neste enlace.

 Contamos convosco!

 

Datas para as xuntanzas:

  • Decembro 2023
  • Marzo 2024
  • Xuño 2024

PRESENTACIÓN E INICIO DAS CLASES

Enviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 08:16
07/09/2023 12:14
Atlantic/Bermuda

O próximo luns día 11 teremos a presentación do alumnado da ESO. Os titores e titoras, ás 12:30 recibirán ao alumnado e lles comentarán as particularidades deste novo curso.

Ese día aínda non haberá transporte e estimamos que a presentación durará en torno a unha hora.

O día 12, martes, comezan as clases para a ESO, con normalidade. O alumnado de BAC, FPBAS e CICLO terán a presentación ás 08:30 e quedarán, despois, ata finalizar a mañá con clases ordinarias.

O martes, 12, xa haberá transporte e, polo tanto, o horario será o habitual, de 08:30 a 15:00. O alumnado debe vir, xa, cos materiais solicitados para o seu curso.

Benvidos ao novo ano académico!

LIBROS DE TEXTO RECOMENDADOS CURSO 23/24. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Enviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 04:13

Os libros de texto recomendados para o seu uso durante o curso 2023-2024 polo departamento de Xeografía e Historia son os que se relacionan a continuación:

 

  • HISTORIA DE ESPAÑA: Historia de España 2º Bacharelato - Operación Mundo, Galicia. Editorial Anaya, 2023. ISBN 978-84-143-3003-6
  • HISTORIA DA ARTE: Historia del Arte 2º Bachillerato. Editorial Anaya 2023. ISBN 978-84-143-3013-5
  • XEOGRAFÍA: Xeografía 2º Bacharelato - Operación Mundo, Galicia. Editorial Anaya, 2023. ISBN 978-84-143-1597-2.

 

 

 

( categories: )

VALES MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Enviado por admin o Ven, 14/07/2023 - 07:47
14/07/2023 11:44
Atlantic/Bermuda

 

 

Xa están dispoñibles os vales das axudas para material escolar para o curso 2023-2024.

Poderán ser retirados polos interesados/as na secretaría do centro de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.

 

 

Distribuir contido