INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA DE SAR
Rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, s/n
Código Postal: 15702
Santiago de Compostela (A Coruña)
As persoas que desexen información sobre a sección de Sar da E.O.I. de Santiago de Compostela ou que queiran matricularse na sección de Sar deben contactar con coa E.O.I. de Vite (barrio onde está ubicada a E.O.I. de Santiago), a través de:
Tlf.: 881 867 901
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/
Dirección:
EOI de Santiago de Compostela
Rúa do doutor Ulpiano Villanueva, nº 1-2
15705 Santiago de Compostela
(A Coruña)
O Instituto de Educación Secundaria de Sar ubícase no barrio de Sar, moi preto do actual Parlamento de Galicia. Este barrio foi un dos pequenos da cidade ata fai poucos anos e ubícase nos arredores do río Sar, a principal arteria fluvial da cidade. Emporiso, nos derradeiros 20 anos o barrio experimentou un gran crecemento pechando a cidade pola zona Leste. O instittuo atópase moi preto do centro da cidade, estando a menos de 10 minutos a pé da famosa catedral románica e do emblemático parque da Alameda. A zona e o contorno do instituto configúrase como unha área de novas edificacións intercaladas entre diferentes zonas verdes. O centro educativo está preto tamén da importante zona comercial coñecida como Área Central, lugar de ocio, compras e recreo. O alumnado do centro procede do contorno e do propio barrio de Sar así como das zonas adscritas como pode ser a parroquia de Lavacolla.
Para ampliar o mapa premer sobre a imaxe
O mapa da zona de influencia do noso centro
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer