portada30

A situación

 Instituto de Educación Secundaria de Sar ubícase no barrio de Sar, moi preto do actual Parlamento de Galicia. Este barrio foi un dos pequenos da cidade ata fai poucos anos e ubícase nos arredores do río Sar, a principal arteria fluvial da cidade. Emporiso, nos derradeiros 20 anos o barrio experimentou un gran crecemento pechando a cidade pola zona Leste. O instittuo atópase moi preto do centro da cidade, estando a menos de 10 minutos a pé da famosa catedral románica e do emblemático parque da Alameda. A zona e o contorno do instituto configúrase como unha área de novas edificacións intercaladas entre diferentes zonas verdes. O centro educativo está preto tamén da importante zona comercial coñecida como Área Central, lugar de ocio, compras e recreo. O alumnado do centro procede do contorno e do propio barrio de Sar así como das zonas adscritas como pode ser a parroquia de Lavacolla.

Situación do centro

Para ampliar o mapa premer sobre a imaxe

 O mapa da zona de influencia do noso centro

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer