portada30

Secretaría

Admisión alumnado 24/25

Dende o día de hoxe, pódese consultar a listaxe dos alumnos e alumnas admitidos@s para o próximo curso 2024/2025.

A consulta pódese facer, ben no tablón de anuncios do centro, ou ben na páxina da Xunta: admisiónalumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre. Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

A dirección,

Admisión 24/25

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión neste centro para o vindeiro curso, esta ADMITIDO

As listaxes serán publicadas a partir do 25 de Abril

Admisión alumnado curso 24_25

Inicio do proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso 24_25. O prazo para a presentación das solicitudes vai do 1 ao 20 de marzo. Nos seguintes documentos dispoñen de toda a información precisa

1. Instruccións xerais

2. Prazos

3. Baremo

4. Vacantes do centro

5. Manual para as familias

6. IPREM

7. Modelo de solicitude en galego

8. Modelo de solicitude en castelá

9. Mapa de influencia

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 23-24

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24.

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 Impreso de solicitude

Manual de usuario

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

Axuda material

Todos os alumnos que recibiron a axuda de material de 50 € poden pasar polo centro recoller outro cheque de 25 €. Esta nova axuda só é para os que xa recibiron o outro cheque

Prazo de matrícula curso 22_232

PRAZO PRESENTAClÓN MATRÍCULA 

O prazo oficial de matrícula  ordinario é do 25 de Xuño ao 10 de Xullo, pero para facilitar o proceso recoméndase que se respeten as datas propostas.

CURSO

DÍA

1º BAC

27,28,29 XUÑO

1º ESO

30 XUÑO e 1  XULLO

2º BAC

4  e 5 XULLO

2º ESO

5 e 6 XULLO

3º ESO

6 e 7 XULLO

4º ESO

7 e 8 XULLO

O sobre de matrícula que o alumnado debe usar estará na conserxería do centro a  partir do 22 de xuño

Axudas para adquisición de material escolar para o vindeiro curso 2022_2023

Orde do 29 de abril na que se convocan axudas para adquirir material escolar

Tal como se recolle na orde o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Listaxe Provisional Admisión alumnado curso 22/23

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe PROVISIONAL do alumnado admitido para o vindeiro curso académico 2022/2023 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica, nin sacar fotos a dito listado.

A dirección,

 

Información Admisión alumnado curso 2022-2023

Listaxe de alumnado de centros adscritos admitido para o curso 22_23 en 1º ESO

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional de alumnado admitido en 1º ESO (todas as solicitudes foron admitidas) para o vindeiro curso académico 2022/2023 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar. Este listaxe corresponde ao alumnado que procede de centros adscritos.

 

De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

 

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer