Complementarias

Visita a exposición "Galicia un relato no Mundo"

O mércores 19 de febreiro o alumnado de Bacharelato visitará noa Cidade da Cultura a exposición "Galicia un relato no mundo".

  • 1ºBach A e B irán de 9:30-12:00bhoras
  • 1º Bach C, D e E irán de 11:30-14:00 horas

Visita a exposición "Galicia un relato no Mundo"

Mañá martes 18 de febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO vaia a ir a exposición "Galicia un relato  no mundo" na Cidade da Cultura. Sairán as 9:30 e voltarán ás 12:30.

        

Amara Caruncho,ex alumna que triunfa na moda

Hoxe facémonos eco da carreira exitosa dunha exalumna do IES de Sar, Amara Caruncho. Directora creativa de Coconutscankill, nos últimos anos está dando a coñecer o seu traballo como deseñadora de moda en importantes pasarelas internacionais
Compartimos esta reportaxe de VOGUE onde podedes saber máis dela e do seu talento.

                          

A TVG no IES

A semana pasada, o programa Zig Zag da TVG2 estivo no noso instituto gravando unha pequena reportaxe sobre o recente estreo na sala NUMAX da película Arima, dirixida por Jaione Camborda Coll e cos seguintes actores no seu reparto: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera. Grazas por escoller o noso centro para dala a coñecer.

Para ver o programa facer clic na seguinte ligazón.

 

                                 

 

Tecno-Maxia

O alumnado de 1º, 2º e 3º  ESO asistirán a un espectáculo de maxia "TECNO MAXIA" no Salón de Actos  o xoves 6 de febreiro de 13:30-14:30.

 

Teatro- Foro

O vindeirio mércores 5 de febreiro,  o alumnado de 1º e 2º da ESO asistirán no Salón de Actos a representación sobre o Acoso Escolar que farán  o alumnado de FPBásica de 1º de Cociña. A representación durará de 12:50 a 14:30.

X DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: "Achegándonos ao CERN".

 Charla impartida por

 MIGUEL RAMOS PERNAS

INSTITUTO GALEGO DE FÍSICA DE ALTAS ENERXÍAS (USC) 

DÍA: Venres, 8 de Novembro 2019

Hora: 12:45 - 13:40

Alumnado de Ciencias: 3º e 4º ESO ,, 1º e 2º BAC

 

 

Concurso da Paz

Para a  conmemoración do Día da Paz, 30 de Xaneiro, Vicedirección convoca un concurso coas seguintes bases:

  1. Interpretación letras da palabra PAZ
  2. Soporte papel e tamaño A4
  3. Hai dúas categorías de premios: ESO, Bacharelato
  4. Os premios son en material escolar
  5. Data de entrega:Luns  28 en Secretaría

Acto poético-musical "Contra a violencia de xénero"

Hoxe luns 26 de novembro celebraráse no segundo recreo un acto poético-musical "Contra aviolencia de xénero" (en especial contra a violencia sobre as mulleres) e nel participará o alumnado e profesorado do centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer