Música

Programación do departamento de Música 20_21

No seguinte documento poderá consultar a programación do departamento de Música para o curso 20_21

Departamento de Música

  

Obradoiro de regueifa ofertado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

 

Regueifa

Cada alumno compuso dúas coplas; cantaron e disfrutaron durante toda a actividade. Foi todo un éxito. 

50 anos de música galega no IES de Sar por O Leo de Matamá.

Día libro

 

O venres 23 de abril, os alumnos e alumnas de 4º da ESO, e de 1º e 2º de Bachillerato do IES de Sar tiveron a oportunidade de asistir a un recital poético-musical, a cargo do filólogo, poeta e cantautor punk O Leo de Matamá. O artista brindoulles un concerto que constitiu nun percorrido por medio século da música de Galicia, á vez que cantou unha exaltación de polo menos século e medio da poesía galega. Textos de poetas coma Manuel María ou Lois Pereiro nutriron un repertorio no que a obra “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro tivo un lugar moi destacado. Para o deleite de tódolos asistentes, varias pezas de “Sé mente de vencer”, o último traballo publicado pol' O Leo, foron agregadas ao espectáculo. 

 

COMEZAN AS XORNADAS MUSICAIS NO IES DE SAR: DÍA 22 TEMOS PERCUSIÓN COA EMPRESA ECOPERCUSIÓN.

Percusión

 O centro educativo composteláno ofrece os días 22, 23 e 26 de abril unha serie de actividades formativas co doble obxetivo de enriquecer o currículo artístico e cultural dos seus estudantes así como de promover un clima de expresión creativa e interdisciplinar.

O xoves 22 de abril abriu as xornadas cun obradoiro de percusión con material de refugallo impartido pola empresa Ecopercusión para 2º, 3º, e 4º da ESO.
Ao día seguinte, o 23 de abril, e con ocasión do día do libro, ofrécese un concerto d' O' Leo de Matamá, poeta e artista multidisciplinar que fará un recorrido por medio século da música galega.
E para finalizar, o luns 26 abril os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán a un obradoiro de regueifa ofertado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

 

DEPARTAMENTO DE MÚSICA: OBRADOIRO DE PERCUSIÓN.

O 22 de abril , 2º, 3º e 4º da ESO asistirán a un Obradoiro de Percusión en cadansúa aula, debido ao COVID.

DEPARTAMENTO DE MÚSICA: OBRADOIRO DE REGUEIFA.

O Obradoiro de Regueifa é ofertado por DLG do Concello de Santiago de Compostela. Asistirán o luns, 26 de abril as/os alumnas/nos de 1º e 2º da ESO. Cada grupo estará na súa aula durante a representación , debido ao COVID.

Adaptación da programación 2019/20120

Para consultar a Adaptación da programación do curso 19_20 prema no nome da materia

Concerto "Involución"

O vindeiro martes 11  de febreiro o alumnado de Obradoiro Musical (1º ESO) e o alumnado de 2º ESO, asistiran a o concerto "Involución" , no Teatro Principal. Sairán do centro ás 11:30 e voltarán as 13:30 horas.

Visita ó Portico da Gloria

O vindeiro mércores 11 de decembro o alumnado de música  de 2º Bacharelato e 4º ESO visitará o Portico da Gloria na Catedral de Santiago. Sairán as e voltarán ás 11:40 e voltarán as 14:30 horas.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer