portada30

Bioloxía e Xeoloxía

Programacións

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato participou no proxecto de ciencia ciudadana "Vigilantes del suelo"

Durante esta semana, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato participou no proxecto de ciencia ciudadana "Vigilantes del suelo". Colleron mostras de solo no patio do instituto e analizárono para coñecer o seu estado de saúde, fixeron unha estatística cos resultados e subíronos a unha base de datos centralizada mediante unha aplicación. Cos resultados recollidos o Centro de Investigación Agroalimentaria de Aragón elaborará un mapa de calidade de solos para toda España.

 

 

Iniciativa preciosa da profesora de Bioloxía de 1°da ESO, Chus Gómez.

Iniciativa preciosa da profesora de Bioloxía de 1°da ESO, Chus Gómez. Un traballo de detalle, delicado, didáctico e de resultado plástico impecable.
Aprender creando beleza.
 
 

Hoxe visitounos Xoán Fontaíña, biólogo do CEM (Cooperativa de Educación Ambiental)

Hoxe visitounos Xoán Fontaíña, biólogo do CEM (Cooperativa de Educación Ambiental), para darlle unha charla sobre Espazos Naturais e Rede Natura ao alumnado de 1° da ESO dentro do Proxecto Naturézate.
Unha actividade organizada polo departamento de Bioloxía.
 

Fósiles realizados polos alumnos de 2º de Bacharelato

Fósiles en ambar (de laboratorio) realizados por alumnado de 2º de Bacharelato que cursan a materia de Xeoloxía.

 

Obradoiros da Sociedade Xuvenil Galega de Química

Este luns tivemos a sorte de ter no centro a membros da Sociedade Xuvenil Galega de Química para impartir uns obradoiros aos que asistiu o alumnado de 1º da ESO C e 2º de Bacharelato que cursan Xeoloxía. Fixeron experimentos e demostracións coas que aprendemos moito.

Mil grazas por visitarnos e outras mil grazas a Chus Gómez e Pamen García Romalde por coordinar a iniciativa.

 

Maquetas alumnado de 1ºESO de Bioloxía e Xeoloxía

Compartimos algunhas das maquetas que o alumnado de 1° da ESO de Bioloxía e Xeoloxía fixeron sobre a célula coa súa profesora Chus Gómez.

Modificación da programación curso 21_22

No seguinte enlace poderá  consultar a modificación da programación do departamento para o curso 21_22 realizada para que se adapate a pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación

SÚMATE AO RETO DA TRANSICIÓN ENERXÉTICA.

Primeira saída cos nosos alumnos á ALAMEDA de Santiago para asistir a charla: SÚMATE AO RETO DA TRANSICIÓN ENERXÉTICA.

tranenere

Premio Voz Natura 2020 para o IES de Sar

O IES de SAR gaña o concurso VOZ NATURA do 2020 na provincia de A Coruña

O Comité Científico do Programa VOZ NATURA acordou, en reunión celebrada o día 27 de outubro, conceder o Premio provincia de A Coruña do programa de educación medioambiental Voz Natura, curso 2019/2020, ao centro polo traballo realizado baixo o título: Estudos ambientais no entorno das Brañas de Sar.

Este traballo foi realizado polo alumnado de Bioloxía dirixido polos profesores do departamento: Leopoldo Bahillo e Mª Carmen García e coa colaboración do departamento de Física e Química.

NORABOA!!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer