portada30

Complementarias

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro entre os anos 2013 e 2015, que se está a converter nun dos escultores emerxentes de máis proxección no noso país. Ademais, como tamén é doutorando na Facultade de Bellas Artes de Valencia, onde xa imparte docencia na materia de Escultura, non é tan doado que lle cadre pasar polo instituto ao que chegou desde Boqueixón, hai agora dez anos, para dar os seus primeiros pasos formativos neste mundo das artes.
Foi un pracer escoitalo esta mañá. Fala coa mesma honestidade coa que esculpe e o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes aproveitou moito a súa visita.
Ademais tivemos a sorte de que accedera a crear o deseño da escultura conmemorativa do noso 30 aniversario. Nalgunha das fotos aparece con ela nas mans. Unha tirada de 30 pezas en cerámica branca que gardaremos no centro como unha semente do futuro luminoso que sabemos que lle espera.
Grazas, Diego!
 
 

Animádevos a participar nesta iniciativa

Animádevos a participar nesta iniciativa de Rosa Gómez, unha das nosas profesoras de Matemáticas.

 

Un mestre composteiro do Concello de Santiago ensinounos os segredos dun bo compost

Esta tarde, no Club de Ciencia, un mestre composteiro do Concello de Santiago ensinounos os segredos dun bo compost.
Quedámoslle moi, moi agradecidos.
 

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova o noso alumnado

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova para que o noso alumnado desfrute das actividades deportivas ao aire libre con seguridade e calidade. Un traballo impecable feito nas dúas ultimas semanas pola Unidade Técnica da Consellería de Educación.

 

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca, guiado por Sabela Abalo.

 

 

Onte foi un día para divertirse en Disney.

Onte foi un día para divertirse en Disney.

 

 

Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente

Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente para falarlle ao noso alumnado do Bacharelato de Ciencias e de 4° da ESO da súa experiencia como meteorólogo da AEMET na delegación da Coruña.
Mil grazas por volver!Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente para falarlle ao noso alumnado do Bacharelato de Ciencias e de 4° da ESO da súa experiencia como meteorólogo da AEMET na delegación da Coruña.
Mil grazas por volver!
 
 

Xa en París o noso alumnado de 1° de Bacharelato.

Xa en París o noso alumnado de 1° de Bacharelato. Moitas grazas, Sonia e Xaime, por acompañalo.
Bon voyage!
 
 

Premiados no concurso sobre gustos e recomendacións literarias

Premiados no concurso sobre gustos e recomendacións literarias, organizado por María Giménez na biblioteca do centro:
Nantia Bernárdez Martínez, Iván Vilariño Álvarez e Antía Rodríguez Beis.
Moitos parabéns por facer camiño como lectores!
 
 

Últimas fotos do intercambio do noso alumnado en Como (Italia).

Últimas fotos do intercambio do noso alumnado en Como (Italia).
No Duomo de Como; no Faro Voltiano, en Brunate; nas rúas e no porto de Bellagio e no Lago di Como, cos Alpes nevados ao fondo.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer