portada30

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro

Hoxe volveu á súa casa Diego Vidal, exalumno do Bacharelato de Artes no noso centro entre os anos 2013 e 2015, que se está a converter nun dos escultores emerxentes de máis proxección no noso país. Ademais, como tamén é doutorando na Facultade de Bellas Artes de Valencia, onde xa imparte docencia na materia de Escultura, non é tan doado que lle cadre pasar polo instituto ao que chegou desde Boqueixón, hai agora dez anos, para dar os seus primeiros pasos formativos neste mundo das artes.
Foi un pracer escoitalo esta mañá. Fala coa mesma honestidade coa que esculpe e o noso alumnado de 2° de Bacharelato de Artes aproveitou moito a súa visita.
Ademais tivemos a sorte de que accedera a crear o deseño da escultura conmemorativa do noso 30 aniversario. Nalgunha das fotos aparece con ela nas mans. Unha tirada de 30 pezas en cerámica branca que gardaremos no centro como unha semente do futuro luminoso que sabemos que lle espera.
Grazas, Diego!
 
 

Animádevos a participar nesta iniciativa

Animádevos a participar nesta iniciativa de Rosa Gómez, unha das nosas profesoras de Matemáticas.

 

Un mestre composteiro do Concello de Santiago ensinounos os segredos dun bo compost

Esta tarde, no Club de Ciencia, un mestre composteiro do Concello de Santiago ensinounos os segredos dun bo compost.
Quedámoslle moi, moi agradecidos.
 

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova o noso alumnado

Despois de 30 anos sen pintar, por fin temos unha cancha nova para que o noso alumnado desfrute das actividades deportivas ao aire libre con seguridade e calidade. Un traballo impecable feito nas dúas ultimas semanas pola Unidade Técnica da Consellería de Educación.

 

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca

O grupo de igualdade do centro coordinou a celebración do Día do Libro na biblioteca, guiado por Sabela Abalo.

 

 

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato participou no proxecto de ciencia ciudadana "Vigilantes del suelo"

Durante esta semana, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato participou no proxecto de ciencia ciudadana "Vigilantes del suelo". Colleron mostras de solo no patio do instituto e analizárono para coñecer o seu estado de saúde, fixeron unha estatística cos resultados e subíronos a unha base de datos centralizada mediante unha aplicación. Cos resultados recollidos o Centro de Investigación Agroalimentaria de Aragón elaborará un mapa de calidade de solos para toda España.

 

 

Listaxe de alumnado que ten que remitir documentación

Listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación relacionada coa comprobación de datos citada no artigo 8.1 da Orde de convocatoria (apartados c, d, e, f) O contido destes requisitos poderá consultarse mediante o número de documento identificativo (DNI, NIE, etc.) do/a representante, na aplicación “online” dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/. Para consultar a listaxe, clicar aquí

Cuestionario alumnado e familias . Avaliación de diagnóstico 2º ESO

 Estimada familia,

O seu fillo ou filla, que cursa 2º da ESO, vén de participar nas probas da avaliacián de diagnástico. No día de hoxe foille  entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias.

Na carta indícase a páxina web https://enquisas.edu.xunta.gal/272794  e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024. Para encher o cuestionario en liña, é preciso ter conexión a Internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet).

Se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar a súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través do seu fillo ou filla.

Moitas grazas pola súa colaboración.

IES de Sar, Santiago de Compostela, 22 abril do 2024

Onte foi un día para divertirse en Disney.

Onte foi un día para divertirse en Disney.

 

 

Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente

Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente para falarlle ao noso alumnado do Bacharelato de Ciencias e de 4° da ESO da súa experiencia como meteorólogo da AEMET na delegación da Coruña.
Mil grazas por volver!Visita ao IES de Sar esta tarde do noso exalumno Ángel Vieites Puente para falarlle ao noso alumnado do Bacharelato de Ciencias e de 4° da ESO da súa experiencia como meteorólogo da AEMET na delegación da Coruña.
Mil grazas por volver!
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer