portada30

Moitos parabéns a Lucía Aldao e á súa banda

Moitos parabéns a Lucía Aldao e á súa banda, á que pertence a nosa compañeira Analís Guillín como batería, por este merecidísimo Premio Martín Códax polo seu proxecto PAVA.

 

 

Temos moita sorte de ter entre nós a toda esta xente marabillosa que canta coma os paxaros.

Temos moita sorte de ter entre nós a toda esta xente marabillosa que canta coma os paxaros.
O Coro da Ra ensaia todas as semanas no noso instituto e estamos moi orgullosos de que sexan parte da familia do Sar.
 

Moitos parabéns ao noso alumno Breixo Longueira Alonso, de 1°de Bacharelato, por clasificarse entre os catro primeiros no concurso nacional Canguro Matemático 2024

Moitos parabéns ao noso alumno Breixo Longueira Alonso, de 1°de Bacharelato, por clasificarse entre os catro primeiros no concurso nacional Canguro Matemático 2024.
O acto de entrega do premio terá lugar en Segovia o vindeiro 25 de maio.
Grazas á súa profesora de Matemáticas, Rosa Gómez, por acompañalo neste camiño.
 

No IES de Sar estamos moi contentos e orgullosos de que Gloria Pavía teña conseguido o Premio Martín Códax da Música na modalidade de Música Emerxente

No IES de Sar estamos moi contentos e orgullosos de que Gloria Pavía teña conseguido o Premio Martín Códax da Música na modalidade de Música Emerxente.
Desde que estivo entre nós estudando, sabiamos que había chegar moi lonxe no mundo da música.
Talento e delicadeza nunha voz inconfundible.
 

Moitos parabéns ás nosas tres alumnas que resultaron seleccionadas no 19 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Moitos parabéns ás nosas tres alumnas que resultaron seleccionadas no 19 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.
O vindeiro 23 de maio, no IES Monelos da Coruña, daranse a coñecer os premiados. Que haxa sorte para elas, aínda que estar seleccionadas nun concurso que leva o nome dun dos grandes fotógrafos deste país xa é un gran premio.
 

Obradoiro de Maios estes días

Obradoiro de Maios estes días, coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do centro.
Unha chulada os resultados. É marabilloso que esta tradición dos Maios se recupere en Compostela, onde perdera vitalidade nas últimas décadas.
Moitas grazas a María Giménez polas fotografías.
 
 

Exposición de gravados do alumnado do Bacharelato de Artes

Exposición de gravados do alumnado do Bacharelato de Artes que cursa Proxectos Artísticos.
Grazas a Montse Amigo polo teu traballo con el.
 
 

Última charla de ADOS sobre a importancia de doar sangue

Última charla de ADOS sobre a importancia de doar sangue, dentro do Plan Proxecta Salvavidas, coordinado pola profesora de Lingua castelá e literatura, Tamara Paredes.

 

Os integrantes do club de ciencia do instituto visitaron a Casa do Patrón en Lalin e fixeron un roteiro polos seus arredores

Hoxe os integrantes do club de ciencia do instituto visitaron a Casa do Patrón en Lalin e fixeron un roteiro polos seus arredores. Despois de comer, xa no instituto, “limparon ósos” para montar un esqueleto e fixeron un refuxio para insectos. Vamos, que non perderon o día...
Grazas á sua profesora de Bioloxía, Chus Gomez Rey, por acompañalos e polas fotos e a Pamen García por ensinarlles a ver o corpo humano con ollada científica.
 
 

Demos por rematadas as actividades de celebración do 30 aniversario do noso instituto cunha visita de luxo

Hoxe demos por rematadas as actividades de celebración do 30 aniversario do noso instituto cunha visita de luxo. Tivemos a sorte de escoitar unha charla fantástica de Lidia Cao, falando do seu paso como alumna polo noso centro en 2013-2015 e compartindo con todo o alumnado de 1° de Bacharelato de Artes os seus coñecementos e experiencias no mundo do muralismo. Unha artista recoñecida xa internacionalmente que só ten 26 anos. Un exemplo de talento e traballo a partes iguais. Sempre que nos visita déixanos leccións imborrables. Para o alumnado e para o profesorado. Estamos moi orgullosas e orgullosos de que o IES de Sar sexa para ela a súa segunda casa.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer