Esta mañá Pancho Lapeña, un dos nosos profesores de Filosofía, compartiu todo o seu talento como artista co alumnado de 1° de Bacharelato de Artes. Unha charla fantástica que lles encantou a todos os que puideron escoitala.
Alumnado de 2° da ESO que cursa Portugués e de 4°da ESO, de camiño a Guimarães e Braga, acompañado pola súa profesora de Lingua e literatura galega, Ana Rial, polo seu profesor de Portugués, Xurxo F. Carballido e polo seu profesor de Inglés, Xaime González.
Moitos parabéns a Lucía Aldao e á súa banda, á que pertence a nosa compañeira Analís Guillín como batería, por este merecidísimo Premio Martín Códax polo seu proxecto PAVA.
Última charla de ADOS sobre a importancia de doar sangue, dentro do Plan Proxecta Salvavidas, coordinado pola profesora de Lingua castelá e literatura, Tamara Paredes.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer