FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Lingua Galega
Canta en lingua busuu cos seus últimos oito falantes
Enviado por Serafín o Mar, 27/09/2011 - 00:06Esta semana lemos o texto que conta a triste historia de Boa Sr, a derradeira falante da súa lingua. Igual ca ela, neste momento da historia da humanidade outros centos de culturas e linguas están a piques de extinguirse para sempre. Pero moitos destes pobos están a empregar as novas tecnoloxías para facerse oír e deixar constancia da súa existencia. Algúns, malia as cirsunstancias polas que atravesan, con moito sentido do humor. É o caso dos busuu, cuxos últimos oito falantes convidan a todo o mundo a unirse ao seu canto:
IX Certame de Relato Curto Concello de Mugardos
Enviado por galego o Ven, 23/09/2011 - 21:43Consulta as bases íntegras do IX Concurso de relato curto en galego:
Bases IX concurso relato curto.doc
RESUMO:
- Tema libre, extensión máxima de 10 folios, en lingua galega.
- Categoría até 18 anos.
- Premio: bono por valor de 300 euros para mercar libros.
- Mencións especiais con diploma e lote de libros para relatos infantís.
- Prazo de entrega até o 19 de outubro.
Soneto para comezar un outono sen tristuras
Enviado por galego o Ven, 23/09/2011 - 12:27
Galicia é un outono puro e bon, E foi labrando o tempo-luz-paixón, Galicia é unha agarda moi madura ¡Abonda xa de laios e cancións! Manuel María |
PARA 2ºESO:
Entre as palabras de significado novo, non esquezas buscar a definición de SONETO. E na redacción da descrición dunha paisaxe que non falten os adxectivos (tamén deses epítetos dos que falamos).