Libros de texto
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24
O MARTES 30 DE MAIO TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS DO IES UNHA
REUNIÓN INFORMATIVA ÁS 18:15 HORAS
AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
As persoas que foron beneficiarias de vale de material no curso 2022/23 poden recoller na secretaría do IES de Curtis os vales de 25 Euros para material escolar por ampliación das axudas en virtude da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Pode consultarse a citada Resolución nesta ligazón
FONDO LIBROS 2022/23
IMPORTANTE: O PRAZO REMATA O VINDEIRO MÉRCORES 22 DE XUÑO
Aberto o prazo para participar na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar correspondente ao curso 2022/23.
O prazo de entrega de solicitudes remata o 22 de xuño de 2022
Máis información e obtención das solicitudes:
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2021/22 PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS
Veñen de ser publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de participación na convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.
Segundo establece o artigo 13 da ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio de 2021) as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
As listaxes tamen poderán ser consultadas no taboleiro do IES.
FONDO LIBROS 2020/21. LISTAXE DEFINITIVA
Xúntase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020). Nesta listaxe poden comprobarse os fondos asignados a cada alumn@, no caso de dúbida ou para calquera aclaración contactar co centro mediante o enderezo electrónico ies.curtis@edu.xunta.es ou no teléfono 881880620
FONDOLIBROS CURSO 2020/21. LISTAXES PROVISORIAS E VALES
Xúntanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020)
FONDO LIBROS 2019/2020. LISTAXES DEFINITIVAS
Achéganse as listaxes definitivas de admitidos con indicación dos libros que corresponden e excluídos. O vindeiro luns 16 de setembro de 2019 farase o reparto dos libros que correspondan a cada alumno/a. No caso dos textos sen existencias entregaránse tan pronto sexa posible.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
