FONDO SOLIDARIO LIBROS 2019/20. LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Xúntase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no fondo solidario de libros de texto e axuda de material escolar para o curso 2019/20 convocadas pola Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20/05/2019.

 

A ter en conta sobre a información da listaxe:

 

  • Alumnado coa indicación de "Asignaranse como mínimo 6 libros."- Ten vale de material concedido que poderá recoller o solicitante ou persoa autorizada no IES de Curtis do 8 ao 19 de xullo de 2019 en horario de 09:30 a 13:30 horas.

  • Alumnado coa indicación de "Asignaranse como mínimo 4 libros."- Non ten dereito ao vale de material escolar pero si a recibir un mínimo de 4 libros do Fondo Solidario que se repartirán en setembro.

  • Alumnado coa indicación de  "Pendente das existencias de setembro." Non ten dereito a vale nin libros do fondo pero asignaránselle libros no caso de existencias suficientes.

  • Alumnado coa indicación de "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros"Alumnado que non devolveu libros e/ou non está matriculado. Neste caso engádese o número de libros aos que tería dereito logo da devolución de libros e/ou matrícula (setembro). No caso de que se indique un mínimo de 6 libro terá dereito a vale de material.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL:  12 e 15 de xullo de 2019

 

ENTREGA DE VALES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR: 

 

  • Do 8 ao 19 de xullo de 2019 en horario de 09:30 a 13:30 horas.

  • O Vale deberá ser recollido pola persoa solicitante previa identificación. No caso de non poder acudir o/a solicitante poderá autorizar a outra persoa cunha autorización na que consten os datos identificativos de solicitante e autorizado/a coa indicación que se autoriza a recoller o vale de material escolar e asinado por ambos os dous. Xúntase modelo de autorización.

AdxuntoTamaño
Modelo autorizacion.pdf13.78 KB
Listaxe provisional Admitidos Fondo Libros 2019-20.pdf153.07 KB
Listaxe provisional Excluídos Fondo Libros 2019-20.pdf137.26 KB