Taboleiro
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24
O MARTES 30 DE MAIO TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS DO IES UNHA
REUNIÓN INFORMATIVA ÁS 18:15 HORAS
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24
Todo o alumnado que solicitou reserva no IES DE CURTIS para o curso 2023/24 ten praza asignada.
Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión para o curso 2023/24.
Máis información e impresos en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
As solicitudes poden entregarse a través da sede electrónica ou na secretaría do centro con data tope do 20 de marzo.
Adxúntanse impresos de solicitude de admisión e listaxe de vacantes logo do proceso de reserva, actualizadas a 27 de febreiro de 2023
RESERVA PRAZA CURSO 2023/24
Está aberto ata o 6 de febreiro o prazo para realizar reserva para o curso 2023/24. Máis información na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Os impresos poden descargarse na ligazón anterior, neste espazo ou solicitalas no centro. Poden entregarse no centro ou a través da sede electrónica. O alumnado matriculado en 1º, 2º ou 3º de ESO e 1º de Bacharelato non é necesario que presente impreso de reserva.
AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
As persoas que foron beneficiarias de vale de material no curso 2022/23 poden recoller na secretaría do IES de Curtis os vales de 25 Euros para material escolar por ampliación das axudas en virtude da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Pode consultarse a citada Resolución nesta ligazón
Presentacións e comezo das clases
O servizo de transporte escolar e o festivo local o día 8 se setembro condicionan o comezo do curso, que seguirá o seguinte esquema:
VENRES 9
8:30 - Presentación ESO e Bacharelato
10:30 - Comezo das clases
LUNS 12
11:00 - Presentación Automoción (Ciclo Básico, Ciclo Medio e Ciclo Superior)
12:00 - Presentación Informática (Ciclo Medio)
MARTES 13
8:30 - Comezo das clases en FP
Datas de matrícula
As datas de matrícula para o curso 2022/23 son as seguintes:
2º Curso Ciclos Formativos 27 ao 8 de xullo. IMPRESOS
1º Curso Ciclos Formativos: IMPRESOS
Información Ciclos: Información, prazos e solicitudes
Xornada de portas abertas para o novo alumnado de 1º Bacharelato
O luns 27 de xuño ás 12:00 levaremos a cabo unha reunión co novo alumnado de 1º de Bacharelato para o curso 2022/23 no salón de actos do centro. Nesta xuntanza explicaremos os itinerarios existentes, as distintas opcións de matrícula e trataremos de resolver calquera tipo de dúbida que poida xurdir.
AXUDAS FCT E FP DUAL
Ven de ser publicada no DOG a ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A).
Nesta ligazón poderás consultar o contido da citada Orde.
