Taboleiro
PROBAS ACCESO CICLOS MEDIOS. LISTAXE PROVISIONAL
Na seguinte ligazón pódese consultar listaxe provisional de admitidos as probas de acceso a ciclos formativos de grado medio na convocatoria 2020 e outra información relacionada
DATAS CONVOCATORIAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA ABAU 2020.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a CIUG acordaron que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será os días 7, 8 e 9 de xullo.
Máis información na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30710
Actualízase a información a luns 6 de abril, data na que entre outros puntos se acordaron as datas da convocatoria extraordinaria que se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro.
CURSO FÍSICA E QUÍMICA NA AULA VIRTUAL
Están creados na aula virtual do IES un curso para Física de 2° bach e outro para FQ de 4° ESO.
O alumnado do centro podese automatricular coa clave curtis1920.
TAREFAS ACADÉMICAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA
Os titores e docentes en xeral están a remitir actividades e apuntamentos ao alumnado empregando medios electrónicos, aula virtual do instituto, enderezos electrónicos, etc., a fin de manter dentro do posible a actividade docente e minimizar asi os efectos que a actual situación provocada polo coronavirus poida provocar na aprendizaxe do noso alumnado.
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/21
Segundo instrucións do 13 de marzo de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.
FONDO LIBROS 2019/2020. LISTAXES DEFINITIVAS
Achéganse as listaxes definitivas de admitidos con indicación dos libros que corresponden e excluídos. O vindeiro luns 16 de setembro de 2019 farase o reparto dos libros que correspondan a cada alumno/a. No caso dos textos sen existencias entregaránse tan pronto sexa posible.
CONVOCATORIA DE BECAS CURSO 2019/2020
Está aberto o prazo para solicitar becas de estudio xerais para o curso 2019/20. Achéganse a convocatoria e o Real Decreto 430/2019 polo que se establecen os limiares de renda.
A seguinte ligazón leva ao portal de Becas dende o que podedes consultar a normativa reguladora e realizar o trámite de solicitude.
FONDO SOLIDARIO LIBROS 2019/20. LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
Xúntase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no fondo solidario de libros de texto e axuda de material escolar para o curso 2019/20 convocadas pola Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20/05/2019.
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL CURSO 2019/20
Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e mater
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »