ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

CURSO IFCT0108 OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICAS. HAI PRAZAS VACANTES.

 

Cursos AFD

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24

Todo o alumnado que solicitou reserva no IES DE CURTIS para o curso 2023/24 ten praza asignada.

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión para o curso 2023/24. 

Máis información e impresos en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As solicitudes poden entregarse a través da sede electrónica ou na secretaría do centro con data tope do 20 de marzo.

Adxúntanse impresos de solicitude de admisión e listaxe de vacantes logo do proceso de reserva, actualizadas a 27 de febreiro de 2023

Eleccións ao Consello Escolar - Calendario

Faise público o calendario electoral aprobado pola Xunta Electoral para as Eleccións ao Consello Escolar do IES de Curtis no curso 2022/23:

Reunións coas familias

O xoves 29 de setembro ás 18:30 terán lugar as reunións dos titores e das titoras coas familias do alumnado de ESO e Bacharelato. Estas reunións serán na aula de referencia de cada alumno ou alumna.

Ás 19:30 haberá unha reunión informativa coa Dirección do centro para aquelas familias que teñan problemas a día de hoxe co transporte. Tamén se resolverá calquera outra dúbida de carácter organizativo en caso de existir.

Xornada de portas abertas para o novo alumnado de 1º Bacharelato

O luns 27 de xuño ás 12:00 levaremos a cabo unha reunión co novo alumnado de 1º de Bacharelato para o curso 2022/23 no salón de actos do centro. Nesta xuntanza explicaremos os itinerarios existentes, as distintas opcións de matrícula e trataremos de resolver calquera tipo de dúbida que poida xurdir.

 

Exames de xuño

Exames Xuño ‘22



Renovado o Convenio para impartir o Ciclo Superior Dual en Automoción

O IES de Curtis ofertará para o curso 2022/23 outro ano máis o Ciclo Superior en Automoción no seu formato dual.

Club de Ciencias

Queda á vosa disposición a revista que recopila todo o feito durante este curso no Club de Ciencias:

 

 

Concreción curricular - Criterios de promoción e titulación

Poden consultarse no seguinte documento os criterios de promoción e titulación para o curso 2021/22.

Distribuir contido