PAGAMENTO TAXAS TÍTULO CICLO MEDIO, CICLO SUPERIOR E BACHARELATO

Para solicitar o título de ciclo medio, bacharelato ou ciclo superior é preciso facer o pagamento da taxa correspondente. Xúntanse documentos de axuda para realizar o trámite. Para empregar unha titulación como acceso a estudos é preciso ter aboado as taxas.

Taxas vixentes para o ano 2024. Título Bacharelato / CS
  Tarifa Normal     Familila numerosa     Familia numerosa especial  
54,00 Euros 27,03 Euros 0 Euros
Taxas vixentes para o ano 2024. Título Ciclos Medios
22,07 Euros 11,06 Euros 0 Euros

Na web da atriga poden cubrirse os datos e facer o pagamento telemático ou imprimir o modelo 731 e realizar o pagamento de xeito presencial nunha entidade bancaria.

O documento completo de taxas pode consultarse aqui (en caso de discrepancia será válido o documento de taxas que abre a ligazón)

AdxuntoTamaño
Guia taxa título Ciclo superior ou bacharelato.pdf2.18 MB
Guia taxa CM.pdf2.64 MB