DOG
AXUDAS FCT E FP DUAL
Ven de ser publicada no DOG a ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A).
Nesta ligazón poderás consultar o contido da citada Orde.
PONDERACIÓN MATERIAS. ABAU 2022/23
Ven de ser publicada no DOG do 28 de abril de 2022 a Resolución do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/23.
DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO ESO (Orde 6/11/2020)
Premendo aqui pódese consultar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO
Xúntase a ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.
Requisitos: (Artigo 3)
MANIPULACIÓN DE GASES FLUORADOS
Na seguinte ligazón pódese consultar a ORDE do 8 de xaneiro de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados das persoas que manipulen gases fluorados e os equipamentos baseados neles.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-150118-0002_gl.pdf
Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012
Na seguinte ligazón podedes consultar a Orde do 22 de febreiro de 2012, publicada no DOG do 5 de marzo, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
