CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

Xúntase a ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.

Requisitos: (Artigo 3)

1. Ter cursado durante o ano académico 2017/18 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Todos os requisitos relacionados deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

AdxuntoTamaño
ESO premios extraordinarios 17-18 O260418.pdf885.74 KB