Técnicas de estudo
Técnicas de estudo
I COMO ESTUDAR UN TEMA PASO A PASO
- Bótalle unha ollada lendo só o que está destacado.
- Le o tema tranquilamente, sen agoniáreste polo que non entendes.
- Cun lapis de cor, sinala a idea principal de cada bloque.
- Marca en cada parágrafo dúas ou tres palabras importantes
- Volve ler o tema. Agora debes entendelo todo.
- Fai un esquema con frechas e números.
- Intenta memorizar só ese esquema.
- Volve ler o tema. Saberalo "de pé a pa".
- Fai isto con cada tema, amodo, e verás como triunfas en todas as avaliacións.
II APROVEITAR A CLASE
- Ir ben preparado para non perder o tempo
- Utilizar os cinco sentidos
- Procurar colocarse nun bo lugar para ver as explicacións no encerado e oír ben ó profesor. A vista e o oído son importantes na clase.
- Tratar de entender o profesor e uliscar o máis importante da súa explicación.
- Intentar que guste o que se está explicando. Pode que resulte apaixonante.
- Saber "estar" na clase, preguntar ó seu debido tempo.
III TOMAR APUNTAMENTOS
- Dispoñer dun bo material: bolígrafo, papel, carpetas, etc.
- Non copiar todo o que di o profesor. Unha vez que se oíu a explicación do profesor procurar entendelo reducindo o texto o máis posible. Entender primeiro, copialo despois.
- Empregar as abreviaturas para expresar algúns termos (que = q. / home = h. / número = nº / por exemplo = p.ex. / porque = pq.,...)
- Que os apuntamentos sexan atractivos. Comezar cada tema cun folio novo, deixar marxes amplas, titular con letra maiúscula cada capítulo, tema ou apartado. E sobre todo letra clara e lexible.
- Cómpre non copiar "en sucio" os apuntamentos da clase e logo "pasalos a limpo" na casa. Procurar copiar o que paga a pena directamente en limpo.
IV UN BO RESUMO (Resumir é "entresacar" o máis importante dun tema)
- Entresacar o máis importante. Salientar as ideas principais con lapis de cores.
- Distinguir ben a palla do gran. Deste xeito reducimos ben o número de folios que cómpre estudar. Entón hai que saber ben o resumo.
- Sempre que se estude un tema hai que resumilo.
- Feito o resumo, cómpre decidir que é o máis importante para poñelo no exame e memorizalo ben. Iso é organizar como imos facer o exame.
- O resumo debe ser breve, pero claro. Que nos aclare as ideas.
V UN BO EXAME
Debe causar unha boa impresión ós profesores cando o corrixan.
- Limpeza:
- Escribir sen présa e con claridade.
- Antes de poñerse a escribir, pensar que imos poñer.
- Se hai que tachar algo, facelo con discreción, sen grandes borranchos.
- Deixar sempre amplas marxes.
- Orde:
- Salientar cada pregunta. Rodear o número da pregunta cun círculo.
- Pensar a orde adecuada e lóxica da resposta.
- Evitar as repeticións, a volta atrás, os saltos innecesarios.
- Destacar as ideas máis importantes.
- Numerar os folios e poñer o voso nome.
- Redacción:
- Expresarte correctamente.
- Asinaturar ou negar con claridade. Sen ambigüidades.
- Frases curtas e precisas.
- Evitar as faltas de ortografía.
- Rigor científico:
- Explicar claramente as túas asinaturacións.
- Evitar explicacións ambiguas, as "verdades a medias".
- Argumentos lóxicos, sen tirar conclusións incorrectas.
- Nun problema numérico explicar claramente os pasos que se están dando.
- Non saltar ningún.
- Salientar as solucións e as ideas claves das respostas.
10 REGRAS DE OURO PARA UN ESTUDANTE
- Érguete axiña. Non chegarás nunca tarde.
- Fai un almorzo forte. Sen gasolina o coche non se move.
- Está atento durante a clase. Terás logo máis tempo libre.
- Respecta os profesores e se leal cos compañeiros. Os coñecementos adquírense nos libros, pero a vida apréndese nas relacións.
- Fai moitos amigos. Son as conquistas máis fermosas da vida.
- Non te avergoñes de dicir que non entendiches. Ás aulas vaise aprender.
- Ten en orde os libros e os apuntamentos. Son o espello dun estudante.
- Non te deites sen preparar as túas leccións. Ó día seguinte ergueraste tranqui lo e descansado.
- Estuda con método e ilusión. Pouco a pouco aumentará o gusto por aprender e por saber máis.
- Aproveita calquera circunstancia para aprender. Apréndese dos libros, pero tamén da experiencia, da natureza, dos medios de comunicación social, de quen vive contigo, de todo aquilo que constitúe a vida.