DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO ESO (Orde 6/11/2020)
Premendo aqui pódese consultar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
O alumnado beneficiario do vale para material escolar na convocatoria para este curso de fondolibros non terá que facer ningún trámite.
Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
O prazo para solicitar a axuda remata o venres 27/11/2020.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I E II Solicitude.pdf | 140.97 KB |