AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
As persoas que foron beneficiarias de vale de material no curso 2022/23 poden recoller na secretaría do IES de Curtis os vales de 25 Euros para material escolar por ampliación das axudas en virtude da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Pode consultarse a citada Resolución nesta ligazón
O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022
Para maior comodidade as persoas solicitantes poden autorizar ao alumno/a para retirar o vale en conserxería. Xúntase modelo a modo de exemplo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo autorizacion.pdf | 23.89 KB |