Skip to Content

            

    

 

 

Erasmus, Consorcio, FP, Probas libres de FP, Bolsa de emprego

Declaración de política Erasmus+ e carta Erasmus 2021/2027 do IES Cidade de Antioquía

Poñemos a disposición de calquera persoa interesada a "Declaración de política Erasmus" do noso centro.

Para acceder á carta Erasmus 2021/2027 prema na seguinte LIGAZÓN.

Prazo de solicitude para mobilidades Erasmus+ de alumnado de Educación Superior.

Ábrese prazo para solicitar mobilidades no exterior para o alumnado. Proxectos KA131-2023 e KA131-2024. Hai un total de 6 prazas.

O prazo abrangue dende o 23 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2024, ámbolos dous incluídos.

Pódese descargar o modelo de solicitude neste ENLACE.

BAREMO
1. Expediente académico (max. 4 puntos).
    Valoración: nota media no 1º curso do ciclo formativo.
       A) Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.
       B) Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.
       C) Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.


2. Competencias lingüísticas (max. 4 puntos).
    Soamente se terá en conta o idioma de nivel supeior.
       B1 - 1 punto

       B2 - 2 puntos

       C1 - 3 puntos

       C2 - 4 puntos


3. Competencias persoais e actitudes (max. 4 puntos)
    Valoración: opinións e información dada por aqueles que ensinen ao estudante.


4. Outros
    No caso de empate nos méritos darase prioridade pola seguinte orde:
       Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.
       Aos estudantes que nunca participaron nas mobilidades do Programa Erasmus+.
       En caso de manterse o empate procederase á realización dun sorteo público.

Prazo de solicitudes para mobilidades Erasmus+ de profesorado de Educación Superior.

Ábrese prazo para solicitar mobilidades no exterior para o profesorado. Proxecto KA131-2024.

O prazo abrangue dende o 23 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2024, ámbolos dous incluídos.

Pódese descargar o modelo de solicitude neste ENLACE.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Criterio 1: Terán prioridade as candidaturas que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades nesta ou en calquera outra institución durante o curso académico actual e no anterior.
Criterio 2: En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación oficial superior en linguas estranxeiras (non se terá en conta a lingua estranxeira cando ésta é a propia da especialidade do profesor/a).
Criterio 3: En caso de empate no criterio 2, terán prioridade as candidaturas con máis anos de antiguedade con destino definitivo no centro.
Criterio 4: En caso de empate no criterio 3 procederase á realización dun sorteo entre as candidaturas.

Probas libres para a obtención de títulos de FP. Convocatoria de 2024.

Están dispoñibles as programacións e o calendario para as probas libres de FP nos arquivos adxuntos.

 

Prazo presentación de solicitudes mobilidades Erasmus + para profesorado.

Abrese un prazo para presentación de solicitudes do profesorado interesado en realizar unha mobilidade Erasmus +.

Os/As canidatos/as deberán impartir clase na FP Básica ou ciclos formativos de grao medio.

O prazo de presentación será dende o luns 27 de novembro ata o venres 1 de decembro.

Os/As interesados/as deberán dirixirse ao coordinador de programas Erasmus+, Óscar Aparicio.

Solicitude de mobilidades Erasmus+ de formación para profesores/as

Proxecto Erasmus+ de Educación Superior da convocatoria 2023.

Plazo de presentación: 17 de outubro de 2023 a 27 de outubro de 2023.

Número de prazas: 4

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

1) Terán prioridade os candidatos que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades nesta ou en calquera outra institución durante o curso académico actual e no anterior.

2) En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación superior en linguas estranxeiras.

3) En caso de empate no criterio 2 procederase á realización dun sorteo entre os participantes.

Acta definitiva e certificado de selección de alumnado para mobilidades Erasmus + da convocatoria 2022

Publicación dos seguintes documentos relativos ás mobilidades Erasmus+ para alumnado, da convocatoria 2022.

ACTA definitiva

CERTIFICADO de selección

 

Acta provisional de selección de alumnado Erasmus + 2023/2024

Prema no icono para acceder ao contido.

 

 

Presentación de solicitudes de alumnado de CFGS para participar en mobilidades de prácticas Erasmus +

Prazo de presentación: de 20 a 27 de setembro

Número de prazas: 4

Baremo:

- Expediente académico do primeiro curso do ciclo: ata 4 puntos

- Acreditación oficial en linguas estranxeiras: ata 3 puntos

- Competencias persoais e actitudes: ata 4 puntos

Distribuir contido


by Dr. Radut